miniatura|Sukhoi Superjet 100 (Campeche, México)
O Sukhoi Superjet 100 é un moderno reactor rexional ruso deseñado pola división civil da compañía Sukhoi, en cooperación con empresas occidentais. O seu desenvolvemento comezou no ano 2000 e realizou o seu primeiro voo o 19 de maio do 2008. O 21 de abril do 2011 o Superjet 100 fixo a súa estrea comercial na ruta da aeroliña Armavia entre Iereván e Moscova.
Deseñado para competir internacionalmente cos seus homólogos Embraer e Bombardier, o Superjet 100 ten uns custos de operación substancialmente máis baixos. Con máis de 300 pedidos asegurados a principios do 2011, o avión é considerado o proxecto máis importante da industria aeronáutica rusa e recibiu un importante apoio do seu Goberno.
A montaxe final do aparello está realizada por Komsomolsk-on-Amur Aircraft Production Association, e os seus motores SaM-146 están deseñados e fabricados pola empresa ruso-francesa PowerJet.
Desenvolvemento O desenvolvemento do Sukhoi Superjet 100 iniciouse no ano 2000. O 19 de decembro de 2002, Sukhoi Civil Aircraft e Boeing asinaron un acordo de cooperación de termo medio para traballaren xuntos no deseño. Consultores de Boeing estiveron aconsellando a Sukhoi na comercialización, no deseño, na certificación, na fabricación, na xestión de programas e no apoio postvenda durante un ano. O 10 de outubro de 2003 o consello técnico do proxecto seleccionou os provedores dos principais subsistemas. Oficialmente o proxecto pasou á súa terceira etapa de desenvolvemento o 12 de marzo de 2004, o que significaba que Sukhoi xa podería a partir dese momento vender o Superjet 100 aos clientes. O 13 de novembro dese ano o Superjet 100 chegou á súa cuarta etapa, e xa estaba preparado para comezar a fabricación dos prototipos. En agosto de 2005 asinouse un contrato entre o goberno ruso e Sukhoi, polo cal o Superjet 100 recibiría 7 900 millóns de rublos de financiamento para a investigación e o desenvolvemento, baixo un programa federal titulado Desenvolvemento de Aviación Civil en Rusia en 2005–2009.
Participación internacional Compoñentes Provedor País de orixeTren de aterraxeMessier-Dowty Canada 20px|Francia Francia / 23px|Canadá CanadáTren de aterraxe / Rodas / FreosMessier-Dowty / Goodrich Corporation20px|Estados Unidos Estados UnidosMotores principaisPowerJet20px|Francia Francia / 20px|Rusia RusiaSistema hidráulicoParker Hannifin / Parker-Ermeto20px|Estados Unidos Estados Unidos / 20px|Alemaña AlemañaSistemas de control de vooLiebherr Aerospace (Lindenberg im Allgäu)20px|Alemaña AlemañaSoftware do sistemaThales Group20px|Francia FranciaSistemas de cabina / Turbina de gas auxiliar / AviónicaHoneywell / Thales Group20px|Estados Unidos Estados Unidos / 20px|Francia FranciaSistema de extinción de lumeAutronics20px|Estados Unidos Estados UnidosSistema eléctricoHamilton Sundstrand20px|Estados Unidos Estados UnidosMercadotecnia / ConsultoríaBoeing20px|Estados Unidos Estados UnidosParticipación económica Alenia Aermacchi20px|Italia Italia
Probas de voo O 28 de xaneiro de 2007 o primeiro SSJ foi transportado por un Antonov An-124 dende Komsomolsk-on-Amur ata a cidade de Zhukovsky, preto de Moscova, para as probas en terra no TsAGI. Un representante de Sukhoi anunciou o 13 de novembro dese ano a finalización das probas estáticas necesarias para o primeiro voo. O Superjet foi oficialmente presentado no aeroporto de Komsomolsk-on-Amur o 26 de setembro de 2007. miniatura|250px|O prototipo do Superjet 100 no seu voo de estrea En febreiro de 2008 as primeiras probas do motor SaM146 completáronse con éxitoria.ru - Russian Superjet 100 makes first test flight. Un Ilyushin Il-76 de banco de probas, operado polo instituto de investigación de voo Gromov, foi usado para probar os motores. O 19 de maio de 2008 realizouse o primeiro voo do Superjet no aeroporto de Dzemgi.
En xullo de 2008 as probas continuaron con éxito. Cara ao mes de outubro a primeira etapa do programa de probas de voo rematou exitosamente. O segundo prototipo do SSJ100 comezou a voar en decembro e iniciouse o proceso de certificación. O avión realizou probas estándar de estabilidade e manexo, ademais de probas dos sistemas. Os enxeñeiros e pilotos das probas de voo amosáronse compracidos cos resultados xerais do segundo prototipo.
As primeiras entregas programáranse para finais de 2008, e Sukhoi estimou que tres unidades de todas as variantes do Superjet 100 estarían en servizo no ano 2016Aviation Week & Space Technology, 29 de outubro de 2007, p. 66.. O 7 de xullo de 2008 Sukhoi confirmou oficialmente que a programación inicial era demasiado optimista e que as primeiras entregas non chegarían ata decembro de 2009."«Суперджет» задерживается" (retrasos do Superjet) . vremya.ru, 8 de xullo de 2008."Russia Sukhoi sees Superjet delivery Q3 '09." Reuters. Consultado o 9 de xaneiro de 2014.
Cara a xaneiro de 2009 os dous primeiros avións completaran uns 80 voos, totalizando ao redor de 2 300 horas de probas en terra e aire"Video: First two Superjet 100s in formation flight." Flight International. Consultado o 9 de xaneiro de 2014.. O 1 de abril de 2009 dous prototipos do Superjet 100, o 95001 e o 95003, completaron con éxito o seu primeiro voo a longa distancia, percorrendo 3 000 quilómetros dende Novosibirsk ata Moscova. O 17 de abril pilotos da EASA realizaron as primeiras probas nos dous prototipos. Segundo os informes destes pilotos o avión era doado de voar EASA pilots perform familiarization flights on board Sukhoi Superjet 100 . Consultado o 9 de xaneiro de 2014.. O 26 de xullo o terceiro dos catro prototipos, SN95004, comezou a voar.
No Paris Air Show 2009, Malév Hungarian Airlines dixo que mercaría 30 Superjets por valor de 1 000 millóns de dólares, proporcionando un pulo positivo ás vendas cando fixo a súa estrea internacional no festival aéreo. miniatura|250px|Sukhoi Superjet 100 durante as probas de voo Cara a xuño de 2009 estaban en fabricación 13 unidades, e os catro primeiros agardábase entregalos aos seus compradores cara a finais de 2010. Despois de 2012 a compañía construiría 70 Superjets por ano. A aeroliña armenia Armavia recibiría os dous primeiros avións, seguida por Aeroflot, que pedira un total de 30 unidades cunha opción de 15 máis. Outros clientes eran Russia's Avialeasing, Swiss Ama Asset Management Advisor e Kartika Airlines.
O 29 de decembro de 2009, o director de United Aircraft Corporation, Alexei Fyodorov, dixo que as entregas se atrasarían indefinidamente debido a que os motores aínda non estaban listosthemoscowtimes.com - Superjet 100 Indefinitely Delayed. Consultado o 13 de xaneiro de 2014. . O 4 de febreiro de 2010 comezou a voar o cuarto prototipo do SSJ. Debido aos atrasos na fabricación dos motores, incluídos problemas de calidade na fábrica de NPO Saturn, este usou os motores sacados do primeiro prototipoLake 2010, p. 59.. O 28 de maio remataron todas as probas dos motores necesarias para a certificación. A derradeira proba foi a simulación dun encontro cunha bandada de paxaros.
As probas do sistema de xestión de voo (FMS en inglés, de Flight Management System) completáronse o 19 de novembro de 2010. O FMS CMA-9000 foi desenvolvido no Canadá por Esterline CMC Electronics, para o conxunto de aviónica Thalesria.ru - Flight management system tests for Superjet 100 complete. Consultado o 13 de xaneiro de 2014. .
Certificación O 6 de xullo de 2010 o representante do Ministerio de Comercio e Industria, Denis Manturov, que encabezaba a comisión de seguimento do programa de implementación do Sukhoi Superjet, escribiulle ao ministro Viktor Khristenko sobre o progreso da certificación do avión. Datos do 28 de maio amosaban que o proceso de certificación estaba atrasándose en gran parte debido aos problemas relacionados co motor SaM146, desenvolvido por PowerJet, un proxecto conxunto entre a rusa Saturn e a francesa Snecma. O traballo no seu deseño final estaba case rematado e o proceso de certificación tiña máis do 90% completado, pero os problemas continuaban, destacaba Manturov.
En setembro de 2010 o director xeral de SuperJet International dixo que se agardaba a certificación para novembro dese anoSuperJet SSJ100 on track for November certification . Consultado o 17 de xaneiro de 2014.. No mes de outubro o Sukhoi Superjet 100 (SN95004) pasou con éxito as probas de ruído das autoridades rusas e europeas (AR IAC e EASA). O 4 de novembro foi probado en voo o primeiro exemplar de produción (SN95007), destinado a ArmaviaFirst Sukhoi Superjet 100 production aircraft flies for Armavia Airline . Consultado o 17 de xaneiro de 2014..
Cara ao mes de novembro de 2010 as probas do SSJ tiveran unha duración de 2 245 horas durante 948 voosFlightglobal - Superjet nears end of drawn-out certification campaign . Consultado o 23 de xaneiro de 2014.. miniatura|250px|Un Superjet 100 sobrevoando a costa de Italia O 21 de decembro de 2010 o Superjet 100 pasou as probas de evacuación de emerxencia e engalaxe interrompida no aeroporto de Ramenskoye, baixo a supervisión da AR IAC e a EASA. O primeiro test precisou de 98 voluntarios de diferentes grupos de idade e cos membros da tripulación para evacuar o avión en 90 segundos durante unha aterraxe de emerxencia; fixérono en 73 segundos. A engalaxe interrompida probou as rodas, os pneumáticos e os freos a unha velocidade máxima de freada posible. Para cumprir a proba con todos os requisitos da certificación, esta realizouse sen reversión dos motores. O avión cargaba o seu peso máximo na engalaxe (45 880 kg) realizando unha freada de emerxencia a uns 300 km/h e parou despois de percorrer 700 metros, dentro dos parámetros requiridosria.ru - Russia's Superjet 100 moves closer to final certification . Consultado 23 de xaneiro de 2014..
O 3 de febreiro de 2011 o IAC IR outorgoulle un certificado de tipo ao Sukhoi Superjet 100. Este certificado confirmaba o cumprimento das normas de aeronavegabilidade do SSJ100 e autorizábao a realizar operacións comerciais.
O 3 de febreiro de 2012, a Axencia Europea de Seguridade Aérea (EASA) emitiu o certificado de tipo A-176 para o avión, confirmando así que cumpría coas normativas e cos requisitos ambientais da axencia.
Deseño Requisitos No mercado doméstico ruso preténdese que o Sukhoi Superjet 100 substitúa os envellecidos Tupolev Tu-134 e Yakovlev Yak-42. Internacionalmente o novo Superjet 100 competirá contra os Embraer E-Jets e os Bombardier CRJ. O SSJ aspira a reducir os custos operativos dos seus competidores por un prezo de 23-25 millóns de dólaresrt.com - Sukhoi Superjet systems can make up for any pilot mistake – UAC chief . Consultado o 23 de xaneiro de 2014.. Segundo Sukhoi, as probas de certificación confirmaron que os custos de operación directos do avión son entre un 6% e un 8% menores que os do seu principal opoñente, o Embraer 190/195ato.ru - Regional aircraft for international market . Consultado o 23 de xaneiro de 2014.. En termos de combustible total consumido por sector, o SSJ está á par do Antonov An-148, pero pode acomodar a 22 pasaxeiros máis.
O deseño do avión cumpre os requisitos específicos de aeroliñas de Rusia, CEI, Estados Unidos e a Unión Europea, e axústase ás normas de aviación AP-25, FAR-25, JAR-25 e aos requisitos de niveis de ruído en terra da OACI que entraron en vigor en 2006. Dende o principio, o SSJ foi deseñado para cumprir todos os estándares da aviación occidentalflightglobal.com - Russian industry special: New start for sukhoi . Consultado o 24 de xaneiro de 2014..
Participación da industria miniatura|250px|Motores SaM146 do Superjet 100