Derrick Bernard Favors, nado o 15 de xullo de 1991 en Atlanta, Xeorxia, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga nos Oklahoma City Thunder da National Basketball Association (NBA).

Traxectoria Favors foi elixido na 3ª posición do Draft da NBA de 2010 polos New Jersey Nets. O 23 de febreiro de 2011, Favors foi traspasado con Devin Harris e dúas eleccións de primeira rolda do Draft a cambio de Deron Williams.

O 7 de xullo de 2019, Favors foi traspasado ós New Orleans Pelicans a cambio de dúas eleccións da segunda rolda do Draft.

O 21 de novembro de 2020, Favors asinou cos Utah Jazz un contrato por tres anos.

O 30 de xullo de 2021, Favors foi traspasado xunto a unha futura elección da primeira rolda do Draft ós Oklahoma City Thunder, a cambio dunha elección da segunda rolda do Draft de 2027.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com

Categoría:Nados en 1991 Categoría:Nados en Atlanta, Xeorxia Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos New Jersey Nets Categoría:Xogadores dos New Jersey Nets Categoría:Xogadores dos Utah Jazz Categoría:Xogadores dos New Orleans Pelicans