Celestino Peleteiro Otero, nado en Pontevedra o 31 de decembro de 1935 e finado en Santiago de Compostela o 20 de marzo de 2017,Necrolóxica foi un avogado e político galego.

Traxectoria Fillo de Celestino Peleteiro Suárez. Estudou o bacharelato no Instituo Arcebispo Xelmirez de Santiago de Compostela.El Correo Gallego, 25-3-1943, p. 2. Foi membro de Acción Católica.El Correo Gallego, 31-8-1950, p. 2. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Mestre mercantil. Abriu bufete de avogado en Ponte Caldelas en 1956,El Pueblo Gallego, 16-3-1956, p. 12. foi presidente do Liceo-Casino de Ponte Caldelas até 1959,El Pueblo Gallego, 22-1-1959, p. 11. e correspondente de El Pueblo Gallego en Ponte Caldelas. Nos anos sesenta trasladouse ao Carballiño, onde foi presidente do Sindicato mixto do Carballiño e presidente do Casino do Carballiño. Nas primeiras lexislativas democráticas de España, as Xerais de 1977, figuraba como número 5, pechando a lista da Unión de Centro Democrático ao Congreso dos Deputados pola Provincia de Ourense. Non saíu elixido, pero aos seguintes comicios, as Xerais de 1979 presentouse na lista da UCD ao Senado e si saíu escollido.Páxina web do Senado. Nos seguintes comicios, os de 1982 xa non figurou nas candidaturas centristas.

Vida persoal Casou coa mestra Beatriz Mellid Muíños.El Pueblo Gallego, 21-11-1956, p. 10.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista de senadores galegos desde a Transición

Categoría:Senadores por Ourense Categoría:Políticos de UCD Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1935 Categoría:Finados en 2017 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes