miniatura|200px|Retrato da condesa Constance Markievicz por John Butler Yeats.

A condesa Constance Markievicz, nada o 4 de febreiro de 1868 en Londres (Inglaterra) e finada o 15 de xullo de 1927 en Dublín (Irlanda), tamén coñecida como a Condesa Vermella, foi unha feminista, Gómez, Lourdes (4 de febrero de 2018). «Cien años de voto femenino británico: La irlandesa Constance Markievicz fue la primera con escaño en Westminster». Diario de Navarra (Pamplona). p. 7.nacionalista e revolucionaria irlandesa que xogou un papel destacado na loita pola independencia de Irlanda.

Traxectoria

Nada como Constance Georgine Gore-Booth, casou cun conde polonés. Loitou no Alzamento de Pascua de 1916 en Dublín, polo que foi condenada a morte, e encadeada por conmutación da pena. Foi a primeira muller en ser elixida deputada no Parlamento Británico en 1918, mais renunciou ao escano para ser coherente coa posición abstencionista do seu partido. Porén, constituíu o primeiro Parlamento Provisional de Irlanda xunto a outros cargos electos do Sinn Féin. Tamén foi a primeira muller en formar parte dun goberno en Europa, xa que foi Ministra de Traballo da nova República de Irlanda entre 1919 e 1922.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Exército Cidadán Irlandés Sinn Féin Fianna Fáil Alzamento de Pascua Guerra Civil Irlandesa Eva Gore-Booth

Categoría:Teachtaí Dála Categoría:Nados en Londres Categoría:Nados en 1868 Categoría:Nados en 1927 Categoría:Alumnos da Académie Julian