A economía de Azerbaidján segue nun proceso de transición, na que o estado segue a desempeñar un papel importante. Posúe grandes reservas de petróleo e un gran potencial agrícola, grazas aos seus variados climas. Desde 1995, Azerbaidján coopera co FMI, e conseguiu éxito co seu programa económico de estabilización, que reduciu a súa inflación a 1,8% anual en 2000, contra 1800% anual en 1994. En 2000, o PIB creceu máis do 11 % ao ano, a quinta alta consecutiva. A moeda nacional, o manat, quedou estable en 2000, depreciado-se 3,8 % en relación ao dólar. O elevado crecemento da economía de Azerbaidján no período 2006-2008 foi asignado ao aumento das exportacións de petróleo, pero algúns sectores non exportadores presentaron significativo crecemento, tales como a construción, o sector financeiro e de inmobles, a pesar da enorme importancia do sector petroleiro.

Notas