O arco palmar arterial fondo da man é un arco arterial do membro superior humano, pertencente á man. Deriva da arteria radial, que rodea a superficie lateral do pulso, pasa polo chan da tabaqueira anatómica e acada o plano fondo da man en dirección anterior dende o dorso da man. Pasa entre as dúas porcións do primeiro músculo interóseo dorsal e despois entre as dúas porcións do músculo adutor do polgar para acadar o plano máis fondo da man e constituír o arco palmar fondo da man. O arco cruza a man en sentido medial, entre os ósos metacarpianos e os tendóns dos músculos flexores longos dos dedos. Na zona medial da palma comunícase coa arteria palmar fonda, procedente da arteria cubital. Pólas O arco arterial fondo dá lugar a dous tríos de arterias: tres arterias metacarpianas palmares, que se unen á arteria dixital palmar común do arco palmar arterial superficial da man. tres pólas perforantes que se dirixen cara a atrás entre os músculos interóseos dorsais da man para anastomosarse coas arterias metacarpianas dorsais, procedentes do arco dorsal do carpo.

Véxase tamén Bibliografía Gray. Anatomía para estudiantes. Miembro superior (en castelán)

Categoría:Arterias