O distrito de Lwengo é un distrito da Rexión Central de Uganda, nomeado así pola súa capital e maior poboación, Lwengo. É un dos distritos máis novos de Uganda, creado no 2010 de parte do distrito de Masaka. É un distrito eminentemente rural. Segundo o censo do 2002 tiña unha poboación de 54.682 habitantes, cando era aínda condado.
Limita polo norte co distrito de Sembabule, polo nordeste co distrito de Bukomansimbi, polo leste co distrito de Masaka, polo sur co distrito de Rakai, e co distrito de Lyantonde polo oeste.
Notas
Lwengo