O Metallurg Magnitogorsk é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Magnitogorsk, no óblast de Cheliábinsk (Rusia). Actualmente forma parte da División Kharlamov da Kontinental Hockey League (KHL), competición á que pertence dende a súa fundación no 2008. Foi fundado en 1950 e entre 1992 e o 2008 competiu na Superliga Rusa. Salientar que o equipo xogou a edición inaugural da Victoria Cup fronte aos New York Rangers o 1 de outubro do 2008 no PostFinance-Arena de Berna (Suíza) ante 13.794 espectadores,Rangers rally to win Victoria Cup en nhl.com perdendo finalmente por 4 goles a 3.
Palmarés 3 Superliga Rusa: 1999, 2001, 2007 1 IIHF European Champions Cup: 2008 3 Tampere Cup: 2005, 2006, 2008 1 Spengler Cup: 2005 2 European Hockey League: 1999, 2000 1 IIHF Super Cup: 2000 1 Pervaya Liga: 1981
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Sitio web oficial do Metallurg Magnitogorsk
Magnitogorsk Magnitogorsk