Il trovatore (en galego O trobador) é unha ópera en catro actos con música de Giuseppe Verdi e libreto en italiano de Salvatore Cammarano, baseada na obra de teatro El trovador (1836) de Antonio García Gutiérrez. Foi estreada no Teatro Apollo de Roma, o 19 de xaneiro de 1853.Budden, Vol. 2, p. 66 Forma parte, xunto con Rigoletto e La traviata, da chamada "triloxía verdiana", formada polas óperas máis populares de Verdi escritas de xeito consecutivo.

Cammarano morreu a mediados de 1852 antes de rematar o libreto, feito que dou ao compositor a oportunidade de propor revisións significativas, que baixo a súa dirección realizou o xove libretista Leone Emanuele Bardare,Budden, Vol. 2, p. 65 e se ven en gran medida na ampliación do papel de Leonora.

A trama -intricada e novelesca- desenvólvese entre Biscaia e Aragón, no marco da revolta de Jaume d'Urgel a principios do século XV contra Fernando de Antequera, a raíz do resultado do Compromiso de Casp, ao que se chegou logo da morte sen fillos de Martiño o Humano.Alier, Roger Guia Universal de la ópera. Barcelona, 2007, Edicións Robinbook. Pág. 912. ISBN 978-84-96924-03-1

Personaxes Coro di zingari. PersonaxeTesituraElenco na estrea,(Director: – )Versión revisada en francés(Le trouvère),(Director: – )Conde de Luna, un nobre ao servizo do príncipe de AragónbarítonoGiovanni GuicciardiMarc BonnehéeManrico, un trobador e oficial no exército do príncipe de Urgell tenorCarlo BaucardéLouis GuéymardAzucena, unha xitana, supostamente nai de ManricomezzosopranoEmilia GoggiAdelaide Leonora, dama nobre, namorada de Manrico e cortexada por De LunasopranoRosina PencoPauline Ferrando, oficial de LunabaixoArcangelo BalderiProsper DérivisInes, confidente de LeonorasopranoFrancesca QuadriMme DameronRuiz, secuaz de ManricotenorGiuseppe BazzoliSapinUn vello xitanobaixoRaffaele MarconiUn mensaxeirotenorLuigi FaniAmigos de Leonora, monxas, lacaios do conde, guerreiros, xitanos

Notas

Véxase tamén

Categoría:Óperas de Verdi Categoría:Óperas en italiano Categoría:Óperas estreadas en Roma Categoría:Óperas de 1853