Riley é un cráter de impacto do planeta Venus, e fica exactamente nas coordenadas 14,1° N 72,5° E. Ten 20 km de diámetro, cun pico central de 536 metros de altitude (respecto do chan do cráter) e un chan que o rodea escuro ó radar. O chan do cráter está a unha profundidade duns 580 metros respecto das chairas que rodean ó cráter, e os cumios das cristas dos bordos do cráter están a 1.200 metros sobre o nivel do chan do cráter. Tamén se poden apreciar na imaxe da caixa de información os suaves e extensos depósitos de material que rodean ó cráter.

Recibiu o seu nome en honra a botánica inglesa Margaretta Riley.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Barton (cráter) Isabella (cráter) Meitner (cráter)

Categoría:Cráteres de impacto de Venus