Neftalí Prieto Barrios, nado en Sever (Viana do Bolo) en 1927 e finado en Vigo o 25 de agosto de 2010,Fallece Neftalí Prieto, ex alcalde de Viana foi un avogado e político galego do PPdeG.
Traxectoria Licenciado en Dereito. En 1963 foi nomeado alcalde de Viana do Bolo polo gobernador civil de Ourense, cargo do que tomou posesión o 29 de setembro.El Pueblo Gallego, 2-10-1963, p. 17. Foi nomeado procurador en Cortes en representación dos municipios da provincia de Ourense en 1964,El Pueblo Gallego, 31-3-1964, p. 10. permaneceu no cargo até 1967.Ficha no Congreso dos Deputados Presentouse como candidato a procurador en Cortes polo terzo de cabezas de familia en 1967,La Noche, 26-9-1967, p. 8. pero non foi elixido.La Noche, 11-10-1967, p. 5.
Nas primeiras eleccións democráticas encabezou a candidatura de Coalición Democrática á alcaldía de Viana do Bolo e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Nas municipais de 1983 encabezou a candidatura de Alianza Popular e perdeu a maioría absoluta e a alcaldía, tras apoiar os demais grupos ó candidato de Coalición Galega Fidel García Courel. Nas municipais de 1987 recuperou a alcaldía tras logra-la maioría absoluta á fronte de AP. Nas eleccións de 1991 e 1995 encabezou a candidatura do PPdeG e foi reelixido alcalde con maioría absoluta. En 1999 perdeu a maioría absoluta e a alcaldía, tras apoia-los demais grupos o socialista Sergio González Bruña como alcalde. Foi deputado provincial e deputado no Congreso pola provincia de Ourense na II lexislatura (1982-1986).
En xaneiro de 1999 foi condenado polo Audiencia Provincial de Ourense a dous anos de inhabilitación para cargos públicos por un delito de negociacións prohibidas a funcionarios, se ben finalmente foi absolto polo Tribunal Supremo en xuño de 2001.El Supremo anula una condena al ex-alcalde de Viana pero le reprocha su falta de ética Abandonou a política activa en xaneiro de 2002 cando presentou a dimisión como concelleiro para facilitarlle ao seu grupo unha moción de censura que lle devolvese o goberno ao seu partido, se ben finalmente non se produciu. Vida persoal Casou con María del Carmen García Prada en 1954.El Pueblo Gallego, 21-7-1954, p. 9.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Viana do Bolo
Ligazóns externas "Esta tarde será enterrado en Viana do Bolo Neftalí Prieto, el que fue el alcalde más de 36 años" La Voz de Galicia, 26/8/2010.
Categoría:Alcaldes de Viana do Bolo Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Procuradores en Cortes galegos Categoría:Deputados provinciais de Ourense Categoría:Deputados do Congreso dos Deputados polo PP Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados pola provincia de Ourense Categoría:Nados en Viana do Bolo Categoría:Nados en 1927 Categoría:Finados en 2010 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes