Ramiro Moure Ansoar, nado en Taboada en 1958, é un funcionario de prisións e político galego do PPdeG.
Traxectoria Traballou de mestre industrial e funcionario de Institucións Penitenciarias. Na súa xuventude estivo vinculado a distintas iniciativas asociativas e culturais da vila, chegando a presidir a Asociación Cultural O Carballo.
Concelleiro do PPdeG en Taboada, cando en xullo de 2009 José Jesús Ramos Ledo renunciou á alcaldía para ser Xefe territorial da Consellería de Educación, foi elixido alcalde. Nas eleccións municipais de 2011 encabezou a candidatura do PPdeG á alcaldía de Taboada e foi elixido alcalde con maioría absoluta. De novo, revalidou a maioría absoluta nas municipais de 2015 e 2019.
Nas eleccións municipais de 2023, a súa candidatura caeu até os 4 concelleiros, por 4 do PSdG-PSOE e 3 do BNG, que accederon ao goberno municipal en coalición.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Taboada
Ligazóns externas Entrevista en El Progreso
Categoría:Alcaldes de Taboada Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Taboada Categoría:Nados en 1958 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes