Samardo Samuels, nado o 9 de xaneiro de 1989 en Trelawny, é un xogador xamaicano de baloncesto profesional que xoga no Limoges CSP da LNB Pro A. Antes de xogar profesionalmente xogou para a Universidade de Louisville.
Traxectoria profesional Samuels non foi elixido no Draft da NBA, pero xogou para os Chicago Bulls na liga de verán de 2010. Acadou 12.6 puntos e 7.4 rebotes. O 17 de agosto de 2010, Samuels asinou un contrato por 3 anos e 2.3 millóns de dólares cos Cleveland Cavaliers.Ex-Louisville forward Samardo Samuels signs with Cavaliers
Debutou contra os Toronto Raptors o 29 de outubro, anotando 7 puntos. O 27 de decembro de 2010, foi enviado aos Erie BayHawks, afiliado dos Cavs na NBA Development League.http://www.nba.com/cavaliers/news/samuels_101227.html O 1 de xaneiro, tras xogar dous partidos na D-League, foi chamado de volta polos Cavs.
O 2 de marzo de 2011, Samuels xogou o seu primeiro partido coma titular contra os San Antonio Spurs en lugar do mancado Antawn Jamison, conseguiu a mellor anotación da súa carreira con 23 puntos, e ademais capturou 10 rebotes.http://espn.go.com/nba/player/gamelog/_/id/4304/samardo-samuels
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com
Categoría:Nados en 1989 Categoría:Nados en Xamaica Categoría:Xogadores de baloncesto de Xamaica Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Xogadores dos Cleveland Cavaliers Categoría:Xogadores do Hapoel Jerusalem BC Categoría:Xogadores do Olimpia Milano Categoría:Xogadores do FC Barcelona Bàsquet Categoría:Xogadores do New Basket Brindisi Categoría:Xogadores do KK Partizan Categoría:Xogadores do CSP Limoges