A articulación radioescafolunar é unha articulación do membro superior humano, localizada no pulso. A articulación é de tipo condiloide, onde o cóndilo é a parte máis distal ou inferior do óso radio e a cavidade son o óso semilunar e o óso escafoide. Toda a articulación está rodeada por unha cápsula articular, reforzada por catro ligamentos: Ligamento radiocarpal anterior. Ligamento radiocarpal posterior. Ligamento radial externo. Ligamento lateral interno do pulso. Superficies articulares Na parte superior ou proximal, a superficie articular é a superficie inferior da epífise distal do óso radio. Esta superficie artéllase coas superficies superiores do óso semilunar e do óso escafoide, situadas na parte inferior da articulación. Funcións A articulación permite movementos de flexión, extensión, abdución, adución e circundución. Colabora coas outras articulacións do pulso. Véxase tamén Outros artigos Pulso Carpo

Bibliografía Gray. Anatomy of the human body . Edición de 1918 de dominio público.

Categoría:Articulacións