O sarxento de ferro (en ) é un filme estadounidense dirixido, producido e protagonizado por Clint Eastwood, que se estreou en 1986. Estreouse en galego na TVG o 29 de abril de 2008.
Sinopse O sarxento Tom Highway (Clint Eastwood), un militar adicto ó alcohol, arruinou a súa vida persoal sacrificando a súa muller, os seus amigos e mesmo a súa reputación con tal de chegar ó máis alto na carreira militar. Veterano das guerras de Vietnam e Corea, volve ós Estados Unidos para levar a cabo unha misión: instruír un grupo de novatos indisciplinados para convertelos en auténticos marines.
Personaxes Clint Eastwood como Sarxento Thomas Highway Marsha Mason como Aggie Everett McGill como Maior Malcolm A. Powers Moses Gunn como Sarxento Luke Webster Eileen Heckart como Mary Jackson Bo Svenson como Roy Jennings Boyd Gaines como Tenente M.R. Ring Mario Van Peebles como "Stitch" Jones Arlen Dean Snyder como Saxento Major Choozoo Vincent Irizarry como Fragetti Ramón Franco como Aponte Tom Villard como "Profile" Mike Gomez como Quinones Rodney Hill como Collins Peter Koch como Sarxento "Sueco" Johanson Richard Venture como Coronel Meyers
Galardóns e nomeamentos 1986: Nomeado ó Oscar: Mellor son. 1989: Premios Image ó mellor actor secundario (Mario Van Peebles).
Notas
Categoría:Filmes de 1986 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Clint Eastwood Categoría:Filmes de guerra dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes ambientados en 1983 Categoría:Filmes de Warner Bros. Categoría:Filmes de Malpaso Productions Categoría:Filmes de 1986 con versión en galego