CloudSat é un satélite artificial da NASA lanzado o 28 de abril de 2006 mediante un foguete Delta II 7420 desde a base Vandenberg da Forza Aérea xunto co satélite CALIPSO.
Características Cloudsat foi seleccionada como unha misión de observación terrestre pola NASA en 1999 para afondar no coñecemento da estrutura, abundancia, distribución e propiedades radiativas das nubes. A misión do satélite, baseado no bus BCP-2000, é medir a altura e propiedade das nubes, determinar a súa estrutura vertical e estudar a dinámica dos sistemas de nubes mediante o primeiro radar de nubes en lonxitudes de onda milimétricas en voar ao espazo. Xunto cos satélites CALIPSO, Aqua, PARASOL e Aura, forma o chamado A-Train, un sistema de satélites que comparten órbita heliosincrónica e que estudan conxuntamente a Terra desde unha altura duns 705 km.
Instrumentos O único instrumento de CloudSat é un radar denominado CPR (acrónimo de Cloud Profiling Radar) que funciona en lonxitudes de onda milimétricas, a unha frecuencia de 94 GHz, e que mide a enerxía retrodispersada polas nubes en función da súa distancia.
As características do CPR son:
Frecuencia de traballo: 94 GHz Anchura do pulso: 3,3 microsegundos Ventá de datos: 0–25 km Tamaño da antena: 1,95 m Rango dinámico: 70 dB Tempo de integración: 0,3 segundos Resolución vertical: 500 m Resolución cruzada: 1,4 km Resolución ó longo: 2,5 km Taxa de datos: 15 kbps
Notas
Véxase tamén Outros artigos CALIPSO (satélite) Aqua (satélite) PARASOL Aura (satélite)
Ligazóns externas Páxina web de CloudSat
Categoría:Satélites artificiais