Die Walküre (en galego A Valquiria) é unha ópera en tres actos con música e libreto en alemán de Richard Wagner. É a segunda das catro óperas que compoñen o ciclo Der Ring des Nibelungen (O anel do Nibelungo), sendo a ópera do ciclo máis representada, mesmo separada do ciclo completo. O fragmento máis coñecido da ópera é o «Walkürenritt o Ritt der Walküren» («Cabalgada das valquirias»), introdución ao terceiro e último acto describindo ás guerreiras semideusas. A ópera foi estreada illada no Königliches Hof-und Nationaltheater de München o 26 de xuño de 1870, e non foi ata seis anos despois, o 14 de agosto de 1876, cando se representou dentro do ciclo completo.
Wagner inspirouse na mitoloxía nórdica ao escribir esta obra, especificamente na Saga Volsunga e na Edda poética.Roberta Frank (2005). Wagner's Ring, North-by-Northwest, University of Toronto Quarterly, vol. 74, pp. 671–676.Stanley R. Hauer (1991). Wagner and the Völospá (sic), 19th-Century Music, vol. 15, pp. 52–63. Na versión simplificada do compositor, as valquirias son as fillas do deus Wotan e a nai terra, a deusa Erda, concibidas como doncellas guerreiras para defender o Olimpo xermánico, o Valhall, do asexo dos Nibelungos e recoller as almas dos heroes mortos en batalla para levalos ao seu descanso eterno no Valhall.
Personaxes PersonaxeTesituraRepartición na estrea26 de xuño de 1870(Director: Franz Wüllner)Repartición na estrea do ciclo completo14 de agosto de 1876(Director: Hans Richter) HumánsSiegmund, fillo mortal de WotantenorHeinrich VoglAlbert NiemannSieglinde, filla mortal de WotansopranoTherese VoglJosephine SchefskyHunding, Home de SieglindebaixoKaspar BauseweinJosef Niering DeusesWotanbajo-barítonoAugust KindermannFranz BetzFrickamezzosopranoAnna KaufmannFriederike Grün ValquiriasBrünnhilde, filla de Wotan e ErdasopranoSophie StehleAmalie MaternaGerhilde, irmá de BrünnhildesopranoKaroline LenoffMarie HauptOrtlinde, irmá de BrünnhildesopranoHenriette MüllerMarie LehmannWaltraute, irmá de BrünnhildemezzosopranoHemauerLuise JaideSchwertleite, irmá de BrünnhildecontraltoEmma SeehoferJohanna Jachmann-WagnerHelmwige, irmá de BrünnhildesopranoAnna Possart-DeinetLilli LehmannSiegrune, irmá de BrünnhildemezzosopranoAnna EichheimAntonie AmannGrimgerde, irmá de BrünnhildemezzosopranoWilhelmine RitterHedwig Reicher-KindermannRossweisse, irmá de BrünnhildemezzosopranoJuliane TyrolerMarie Lammert
Notas
Véxase tamén
Categoría:Óperas de Richard Wagner Categoría:Der Ring des Nibelungen Categoría:Canon de Bayreuth Categoría:Óperas en alemán Categoría:Óperas de 1870