Miguel Louzao Outeiro, nado en Orazo (A Estrada) o 24 de febreiro de 1974, é un filólogo e escritor galego.
Traxectoria Licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa, Hispánica e Románica pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi investigador do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades e profesor-lector de lingua, literatura e cultura galegas na Universidade Complutense de Madrid, cidade onde cursou un máster de Xestión Cultural na Universidade Carlos III. Foi membro do comité de redacción do Boletín Galego de Literatura e secretario da revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos. Ten colaborado tamén en publicacións como Tabeirós Terra de Montes, A Trabe de Ouro, Revista de Lenguas y Literaturas Catalana, Gallega y Vasca, Tempos Novos, Dorna e Olga, así como nos xornais Vieiros, Faro de Vigo e Praza Pública.
Profesor de ensino secundadrio desde 2005. Entre 2011 e 2018 foi director do CPI Aurelio Marcelino Rey García en Cuntis. Desde 2022 é Catedrático de Lingua e Literatura Galega no Ensino Secundario.
Foi fundador e vice-coordinador xeral da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística, desde 2009 á súa disolución.
Obra Ensaio Letras de Cal na produción poética galega dos 90 (2006). Santiago: Laiovento. 214 páxs. ISBN 978-84-8487-098-2.
Poesía Pai (2026). Vigo: Xerais. 84 páxs. ISBN 978-84-1110-805-8. ePub: ISBN 978-84-1110-811-9.
Obras colectivas Informe de literatura 1997, 1998, Centro Ramón Piñeiro. Informe de literatura 1998, 1999, Centro Ramón Piñeiro. Informe de Literatura 1999, 2000, Centro Ramón Piñeiro. Informe de Literatura 2000, 2001, Centro Ramón Piñeiro (en CD-ROM). Informe de Literatura 2001, 2002, Centro Ramón Piñeiro (en CD-ROM). Lingua e literatura 1º ESO, 2011, Xerais. Lingua e literatura 1º ESO-Proposta didáctica, 2011, Xerais. Lingua e literatura 3º ESO, 2011, Xerais. Lingua e literatura 3º ESO-Proposta didáctica, 2011, Xerais. Lingua e literatura 2º ESO, 2012, Xerais. Lingua e literatura 2º ESO-Proposta didáctica, 2012, Xerais. Lingua e literatura 4º ESO, 2012, Xerais. Lingua e literatura 4º ESO-Proposta didáctica, 2012, Xerais. Lingua e literatura 1º ESO, 2015, Xerais. Lingua e literatura 3º ESO, 2015, Xerais. Lingua e literatura 2º ESO, 2016, Xerais. Lingua e literatura 4º ESO, 2016, Xerais Verbo na arria. Homenaxe literaria a Xohan Xesus González, 2016, Fervenza. Lingua e literatura 1º ESO, 2021, Xerais. Lingua e literatura 3º ESO, 2021, Xerais. Enciende la luz. Palabras desde el Cáncer. 2021, Lastura. Lingua e literatura 2º ESO, 2023, Xerais. Lingua e literatura 4º ESO, 2023, Xerais.
Premios Gañador do XIV Premio Carvalho Calero de investigación lingüística e literaria en 2005 por Letras da Cal na produción poética galega dos 90.
Notas
Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes
Categoría:Críticos literarios de Galicia Categoría:Nados na Estrada Categoría:Nados en 1974 Categoría:Premio Carvalho Calero