Os polinémidos ( Polynemidae ) son unha familia de peixes da orde dos Perciformes, tanto mariños como de auga doce. Están distribuídos por tódolos mares tropicais e subtropicais do mundo. O nome da familia vén do grego poly (moitos) e nematos (filamentos).
Características A boca ábrese na parte inferior da cabeza (subterminal). Dúas aletas dorsais moi separadas, unha espiñosa e outra de raios brandos; a anal oposta á dorsal branda, cunha espiña anterior; as pelvianas son subabdominais, cunha espiña e 5 raios brandos; a caudal está profundamente furcada. As aletas pectorais están divididas en dúas seccións: a anterior é pequena, con raios unidos por membrana, e a posterior con 3 a 7 longos raios soltos (excepto no xénero Polistonemus, con 15 raios), o que lles dá un aspecto como de ter barba ó que se debe o nome común de barbudos.
Aliméntase de invertebrados bentónicos da arena que desenterra do fondo de lama.
Pode alcanzar 1,8 m de lonxitude máxima (para Eleutheronema tetradactylum).miniatura|300px|Eleutheronema tetradactylum|centro Clasificación Comprende oito xéneros e máis de 30 especies: Xénero Eleutheronema (Bleeker, 1862) Xénero Filimanus (Myers, 1936) Xénero Galeoides (Günther, 1860) Xénero Leptomelanosoma (Motomura e Iwatsuki, 2001) Xénero Parapolynemus (Feltes, 1993) Xénero Pentanemus (Günther, 1860) Xénero Polydactylus (Lacepède, 1803) Xénero Polynemus (Linnaeus, 1758)
Véxase tamén
Ligazóns externas Taxonomía FishBase Taxonomía ITIS
Categoría:Percoideos