San Sava (en serbio cirílico Свети Сава, en serbio latino Sveti Sava), nado en 1175 ou 1176 e finado o 14 de xaneiro de 1235 ou de 1236), foi o primeiro arcebispo de Serbia (1219-1233)

Vida San Sava, é un dos santos máis importantes da Igrexa Ortodoxa Serbia, da que se considera o fundador porque, grazas a el (e ao seu irmán Estevo II Nemanjić, primeiro rei de Serbia), a Igrexa Serbia oficialmente conseguiu a autocefalía, independizándose así da igrexa matriz, a de Constantinopla.

Orixinariamente foi un príncipe, Rastko Nemanjić, fillo de Estevo Nemanja, gobernante e fundador do estado medieval serbio e de Ana de Serbia, así como irmán de Estevo II Nemanjić, primeiro rei de Serbia.

Véxase tamén

Bibliografía Velimirović, Nikolaj (1989):The life of St. Sava. St Vladimir's Seminary Press. Biografía de San Sava Consultada o 26 de febreiro de 2022.

Outros artigos

Estevo Nemanja Historia dos eslavos do sur

Ligazóns externas Life of Our Holy Father Sava I Consultada o 16/1/2012.

Categoría:Casa de Nemanjić Categoría:Venerados polas igrexas ortodoxas

ru:Святой Савва