Primitivo Elio Rodríguez Sanjurjo, nado en Ourense en 1880 e finado en Lugo o 20 de decembro de 1947, foi un intelectual e escritor galego.
Traxectoria Procedía dunha familia de Pobra de Seabra. Licenciado en Dereito pola Universidade de Salamanca e en Filosofía e Letras pola Universidade de Madrid. En 1920 marchou a Estados Unidos de América para desempeñar unha cátedra de Literatura española do século XIX na Universidade Cornell, Ithaca, Nova York. Catedrático de instituto en Baeza e Ourense, en 1932 obtivo a praza de catedrático de Xeografía e Historia no instituto de Lugo.
Experto en mitoloxía e astroloxía (introduciu a Vicente Risco no orientalismo), e lector de Rubén Darío, Paul Verlaine e Charles Baudelaire, influíu nos membros da Xeración Nós, especialmente en Ramón Otero Pedrayo, cos que compartiu parladoiros e conferencias no Ateneo de Ourense.
Colaborou en La Centuria co pseudónimo de Beta Herculis. Foi académico correspondente da Real Academia Galega.
Vida persoal miniatura|Primitivo Sanjurjo e Raquel Salgado. Casou en 1921 con Raquel Salgado, filla de Francisco Salgado López-Quiroga,Vida Gallega, 5-11-1921, p. 18. e foi pai de Josefina Rodríguez Salgado.
Obras Las mesetas ideales, 1910. Escenas de gigantomaquia, 1923. Errores de la actual división provincial de España y fundamentos geográficos para una nueva división en provincias, 1925.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
e (2016): Primitivo Rodríguez Sanjurjo y su eplistolario con Otero Pedrayo.
Ligazóns externas Julia Sáez Angulo (22/11/2010) "Primitivo R. Sanjurjo, profesor, escritor y académico gallego" lamiradaactual.blogspot.com .
Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1880 Categoría:Finados en 1947 Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega Categoría:Alumnos da Universidade de Salamanca Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid Categoría:Profesores do Instituto Masculino de Lugo