Un județ // é unha división administrativa de Romanía, que se pode traducir como rexión,NUTS 3: como pequenas rexións para diagnósticos específicos distrito,Dicţionar Portughez-Român/Român-Portughez de Angela Mocanu e Pavel Mocanu. Teora. ISBN 973-601-989-6Dicionário de romeno-português coordenado por Victor Buescu. Dicionários Editora, Porto 1977 departamento, concello ou condado.Condado é a fórmula usada na Galipedia.

O Consiliu județean (Consello distrital) é a autoridade da administración pública local, coordinando a actividade dos consellos das comunas e cidades do județ. O Consello de județ está composto por conselleiros electos.

Subdivisións Os 41 județe romaneses subdivídense en: 2.686 comunas (comune) - en zonas rurais), 169 cidades (orașe) - en áreas urbanas) e 96 municipios (municipii) - en grandes áreas urbanas).

Na Romanía, o estatuto de municipio é dado só a grandes cidades.

Historia A división administrativa en județe existe desde o século XV nos designados Principados do Danubio (Valaquia e Moldova), sendo cada județ gobernado por un jude (do latín judicis, "xuíz"), con poderes administrativos e xudiciais.

A división administrativa moderna foi inspirada no modelo francés dos departamentos, creados no século XIX, tendo cada județ un prefecto que representaba o goberno e un consello departamental.

Co comunismo, os județe deron lugar aos raions, inspirados no modelo ruso, mais foron reintroducidos en 1968.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Condados de Romanía Subdivisións de Romanía

Categoría:Subdivisións de Romanía