Julio Amoedo Chas, nado en Ferrol o 2 de xuño de 1974, é un exárbitro de fútbol galego.
Traxectoria Delineante de profesión, e árbitro afiliado ao Colexio Galego de Árbitros de Fútbol, ten unha ampla traxectoria no fútbol. Despois de arbitrar en Terceira División, dirixiu partidos da Segunda División B entre 1998 e 2002. En 2001 actuou como cuarto árbitro en partidos da Primeira División e no 2002 foi ascendido como árbitro principal á Segunda División. Permaneceu ininterrompidamente na categoría de prata ata 2012, sendo durante os seus últimos anos o árbitro máis veterano da categoría.
Forma parte da dirección da Federación Galega de Fútbol en representación dos árbitros dende 2011.
Categoría:Nados en 1974 Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Árbitros de fútbol de Galicia
Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes