miniatura|dereita|Territorio tradicional da Sorabia. A Serbia Branca ou Bojka (en serbio Белa Србиja; arcaico Бојка, en grego antigo Boĩki), é o mítico fogar dos devanceiros dos serbios, dos serbios brancos (en serbio Бели Срби, Beli Srbi).De Administrando Imperio, Constantino PorfiroxénitoPetar Vlahovic, Projekat Rastko Cetinje, "The Serbian Origin of the Montenegrins" (A orixe serbia dos montenegrinos) Consultada o 25/1/2012.
Unha zona adxacente á Serbia Branca coñécese como Croacia Branca, na que os croatas tamén din teren a súa orixe.
A Serbia Branca e os seus habitantes poden interpretarse con cualificativos como serbios "non bautizados" ou "pagáns" (precristiáns), de acordo co De Administrando Imperio.
Etimoloxía O termo Serbia Branca (Bela Srbija) está relacionado con Беларусь Belarús (ou Rusia Branca), neste caso pode referirse a que sexa unha terra "sen bautizar", en relación cos serbios dos Balcáns que eran cristiáns.
Bojka, (Boĩki, usado en grego antigo, derivado do protoeslavo *bojь = batalla, guerra, loita) pode relacionarse co grupo étnico ucraíno, os Boyko, e coa tribo celta dos Boii, que vivían no século II a.C. na conca danubiana.
Situación A localización da Serbia Branca é controvertida. Foi descrita como situada en: O norte do Danubio e os CárpatosLinus, C. (1878): The conquest of Turkey, or The decline and fall of the Ottoman Empire, 1877-8. Hubbard Bros. A moderna República Checa.Noel Malcolm. Noel (1996): Bosnia: a short history. New York University Press. Bohemia.Andreas Nikolaou Stratos, Andreas (1968): Byzantium in the seventh century, Volume 1. Adolf M. Hakkert Entre os ríos Elba e Saale.Heymann, Frederick Gotthold (1966): Poland & Czechoslovakia. Prentice-Hall.Ćirković, Sima M. (2004): "The Epochs os Serbian Developmernt" inThe Serbs. Blackwell Publishing. ISBN 0-631-20471-7 En Polonia.Conte, Francis (1995): The Slavs. East European Monographs. En Rutenia.The Royal Anthropological Institute (1879): Journal of the Anthropological Institute. En Rügen, illas Svantevit no norte de Alemaña. En Lusacia, triángulo entre Alemaña, a Repúlica Checa e Polonia.
Historia Os serbios brancos eran unha tribo de polabios eslavosHoworth, W. W.: "The Spread of the Slaves" in The Journal of the Anthropological Institute of Graeat Britain and Ireland, 9, 1990, páxs. 181 e seguintes. que vivían en Europa Central, ao lado da Croacia Branca.
miniatura|250px|As "Terras serbias" nos séculos VII a IX.
A tribo era gobernada por un arconte, que foi sucedido por dous fillos, un deles, o chamado Arconte Descoñecido, levou a unha parte da súa tribo en armas contra terras bizantinas durante o goberno do emperador Heraclio (610-641). Mentres Heraclio loitaba contra os persas os ávaros convertéronse nunha grande ameaza nas fronteiras do Imperio bizantino, tomando cidades como Singidunum (Belgrado), Viminacium (Kostolac), Naissus (Niš), Sardica (Sofía) e ocasionando a destrución de Salona en 614.
Neste momento os serbios entraran en contacto co emperador. Os serbios brancos recibiron do emperador Heraclio, en primeiro lugar, a zona de Serbia grega (en grego Σέρβια, Serbia) na provincia de Tesalónica como un agasallo tras a súa vitoria contra os ávaros de Dalmacia.
Os serbios brancos estableceron pronto contacto co stratego bizantino de Singidunum (a moderna Belgrado) e establecéronse nas terras serbias, hoxe Bosnia e Hercegovina, Croacia, Montenegro e Serbia Central, administraddsas mediante as župas de Pagania, Rascia, Travunia, Doclea, Bosnia e Zachlumia, territorios incorporados todos eles, no século XIV, ao Imperio serbio.
Os descendentes dos serbios brancos (ou protoserbios) son os serbios actuais e os sorbios de Lusacia (que en lingua sorbia é Serbja).Ćirković, Sima M. Op. cit.Kamusella, Tomasz (2008): The Politics of Language and Nationalism in Modern Central Europe. Palgrave Macmillan
Os serbios en Lusacia (Sorbios) miniatura|250px|Serbia de Dervano, século VII.
Fredegario, cronista do Imperio carolinxio, meciona a Dervano ( Dervanus) na súa crónica como "dux gente Surbiorum que ex genere Sclavinorum ("gobernador do pobo dos serbios, da nación dos eslavos (esclavenos)"Téñase en conta que Subiorum significa "dos sorbios", e que en idioma sorbio denomínase serby e, en serbio, srbi.
Este é o primeiro gobernante da tribo que aparece mencionado polo seu nome en toda a historia. Fredegario di que fora un subordinado dos francos durante moito tempo. Despois da derrota do rei franco Dagoberto I polo rei eslavo Samo cerca de Wogastisburgo en 631-632 Dervano declarou a súa independencia dos francos e "el e o seu pobo pasaron ao Imperio de Samo".
Dervano uniuse a Samo nas súas posteriores guerras contra os francos. Novos informes de Fredegario indican que Dervano e a súa xente vivían ao leste do saxón Saale. A referencia a Dervano en 631/632 tamén é a primeira confirmación escrita da presenza dos eslavos ao norte de Erzgebirge.
Dervano loitou contra os Thuringii (turinxios) en 631-634, e foi finalmente derrotado polo duque Randulf, gobernador de Turinxia no 636.
A seguinte mención dos sorbios é o Estado de Miliduch e o seu duque Nussito, que liberou os sorbios do Imperio franco, pero posteriormente foi asasinado durante as campañas dos francos en 806 por Carlos o Novo.
Presonaxes Un Rei innominado Arconte descoñecido, ca. 610-641 (fillo do Rei) Dervano, ca. 631-636 (de xenealoxía descoñecida)
Notas
Véxase tamén Outros artigos Historia de Serbia Historia dos eslavos do sur Croacia Branca
Categoría:Balcáns Historia de Serbia