miniatura|Casa da Cultura Salvador de Madariaga. A Casa da Cultura Salvador de Madariaga é unha sala de exposicións e centro cultural da cidade da Coruña. Situada en pleno centro da cidade é sede do Arquivo Municipal, o Servizo Municipal de Educación, unha Biblioteca Municipal, o Centro Galego de Artes da Imaxe e o Instituto José Cornide de Estudos Coruñeses. A xestión correspóndelle ao Palacio de Exposicións Municipal Kiosco Alfonso.
No edificio atópanse ademais a sede do CGAICGAI - Centro Galego de Artes da Imaxe e da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia.Homenaje póstumo de la Academia de Medicina a Camilo Veiras Candal
Descrición O edificio ten un baixo e catro plantas cun patio central cuberto por unha cristaleira. As catro plantas están articuladas a partir deste patio central cunha escaleira que se divide en dous corpos e leva ás outras plantas.
Historia miniatura|Real Casa da Aduana de Madrid (Ministerio de Facenda), que inspirou o edificio coruñés. O edificio foi deseñado en 1925 polo arquitecto Miguel Durán Salgado como Delegación Provincial de Facenda, polo que está inspirado na sede do Ministerio de Facenda de Madrid, de Francesco Sabatini. Durán era fillo de Juan Jacobo Durán Loriga, matemático que dá nome á rúa onde se atopa.
En 1978 instalouse no edificio o arquivo municipal.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Información na web municipal da Coruña Información en Turismo.gal
Categoría:A Coruña