Bienvenido, Mister Marshall é un filme español dirixido por Luis García Berlanga
Sinopse Anos 50. Villar del Río é unha pequena e tranquila vila deixada da man de Deus, na que nunca pasa nada. Porén, o mesmo día que chega a cantante folclórica Carmen Vargas e o seu representante, recíbese a nova da inminente visita dun comité do Plan Marshall (o proxecto económico americano para a reconstrución de Europa). A novidade provoca unha grande alteración entre a xente, e o bo do alcalde da vila (José Isbert) propón ós veciños que se disfracen ó máis puro estilo andaluz para causaren boa impresión ós americanos que veñen a darlles cartos.
Personaxes Fernando Rey como Narrador (voz) José Isbert como Don Pablo, o alcalde Lolita Sevilla como Carmen Vargas Alberto Romea como Don Luis, o fidalgo Manolo Morán como Manolo Luis Pérez de León como Don Cosme, o crego Elvira Quintillá como Señorita Eloísa, a mestra Félix Fernández como Don Emiliano, o médico Nicolás D. Perchicot como Boticario Joaquín Roa como Pregoeiro Fernando Aguirre como Secretario José Franco como Delegado xeral Rafael Alonso Ochoa como Enviado José María Rodríguez como José Elisa Méndez como Doña Raquel Matilde López Roldán como Doña Matilde
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity
Categoría:Filmes de 1953 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes sobre o Ku Klux Klan Categoría:Filmes dirixidos por Luis García Berlanga Categoría:Filmes ambientados en Madrid