Ricardo Mella Serrano, nado en Sevilla o 11 de novembro de 1889 e morto no exilio en Caracas en 1958, foi un enxeñeiro e político galego.

Traxectoria Fillo do pensador anarquista Ricardo Mella e irmán da tamén política e feminista Urania Mella, foi militante do PSOE e ocupou diversos cargos dentro da súa executiva, tanto da local coma da nacional. Fundou en Vigo no 1917 o semanario de carácter socialista La Linterna.

Foi vicepresidente do Celta,Hemeroteca do ABCEl Orzán: diario independiente, Ano X, número 2834, 22 xulio do 1927 Acceso a través da Biblioteca Virtual de Prensa Histórica e autor do primeiro deseño do Estadio de Balaídos Tamén colaborou co seu pai no proxecto dos tranvías da cidade.

Foi nomeado gobernador civil de Xaén no 24 de agosto do 1937,Decreto no BOE cargo que exerceu ata maio do 38,Hemeroteca do ABC e trasladado ao mesmo posto a Alacant ata marzo do 39.Decreto no BOESolidaridad Obrera: A.I.T. Órgano del movimiento libertario español en Francia Ano XIV, número 682 - 17 abril 1958. Acceso a través da Biblioteca Virtual de Prensa Histórica Derrotada a República, tivo que fuxir a Francia e desde alí pasou á República Dominicana, onde dirixiu a revista Nuevo Rumbo. Marchou cara a Venezuela ao ter problemas coa ditadura de Trujillo, onde formou parte da Agrupación de Socialistas Españoles en Venezuela, da que foi botado no agosto do 1946 ao ser partidario de Negrín. Finou en Caracas no 1958.

Notas

Categoría:Políticos de Galicia Categoría:Gobernadores civís de Xaén Categoría:Exilio galego Categoría:Enxeñeiros de Galicia Categoría:Nados en Sevilla Categoría:Nados en 1889 Categoría:Finados en 1958 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Gobernadores civís de Alacant