miniatura|250px|Esquema do interior da Terra. B: Descontinuidade de Gutenberg 4: Manto 5: Núcleo externo. A descontinuidade de Gutenberg é a superficie de descontinuidade que marca a separación entre o manto inferior e núcleo externo da Terra, situada a uns 2 900 km de profundidade.
Caracterízase porque as ondas sísmicas S non poden atravesala, e porque as ondas sísmicas P diminúen bruscamente a súa velocidade, pasando de 13 a 8 km/s.
Baixo este límite é onde se xeran as correntes electromagnéticas que dan orixe ao campo magnético terrestre, grazas á acción convectiva do rozamento entre o núcleo externo, formado por materiais ferromagnéticos e o manto.
Leva o nome do seu descubridor, Beno Gutenberg, sismólogo alemán, que a descubriu en 1914.Tarbuck, E. J. & Lutgens, F. K. (2005): Ciencias de la Tierra, 8ª ed. Madrid: Pearson Educación S. A. ISBN 84-205-4400-0
Notas
Véxase tamén Bibliografía Lillo Beviá. José et al. (1995): Geología. Paterna, Valencia: Editorial ECIR. ISBN 84-7065-073-4
Outros artigos Descontinuidade Descontinuidade de Mohorovičić Descontinuidade de Lehmann Estrutura interna da Terra
Categoría:Xeoloxía