A frauta é un tipo de instrumento musical da familia dos Instrumentos de vento-madeira. A diferenza dos instrumentos de vento con palletas, unha frauta é un instrumento de vento que consta dun tubo cilíndrico que produce o seu son a partir do fluxo de aire, insuflado polo instrumentista, que entra a través dunha abertura ou bisel que vibra grazas ao contacto contra o bordo da embocadura. Segundo a clasificación de instrumentos musicais Hornbostel-Sachs atópase na categoría dos aerófonos, instrumentos que en si non vibran, e que non teñen cordas ou membranas que o fagan.

As frautas paleolíticas feitas con furados a man son os instrumentos musicais identificables máis antigos coñecidos. Atopáronse varias frautas que datan de hai entre 53 000 e 45 000 anos na rexión de Suabia, na actual Alemaña, o que indica unha tradición musical desenvolvida desde o período máis antigo da presenza humana moderna en Europa.. Citation on p. 248. Aínda que as frautas máis antigas que se coñecen actualmente atopáronse en Europa, Asia tamén ten unha longa historia con este instrumento. Unha frauta de óso que se pode tocar, descuberta en China, data de fai uns 9000 anos. As Américas tamén tiveron unha antiga cultura de frautas, con instrumentos atopados en Caral, Perú, que datan de fai 5000 anos e en Labrador que se remonta a uns 7.500 anos atrás.

A frauta de bambú ten unha longa historia, especialmente na China e na India. Descubríronse frautas en rexistros históricos e obras de arte que datan da dinastía Chou (1046-256 a. C.). As fontes escritas máis antigas revelan que os chineses utilizaban o kuan (un instrumento de lengüeta) e o xīao (unha frauta de extremo aberto, a miúdo de bambú) nos séculos XII-XI a. C., seguidos polo chi (ou ch'ih) no século IX a. C. e o yüeh no século VIII a. C. Destes, o chi de bambú é a frauta travesa máis antiga documentada.

O musicólogo Curt Sachs cualificou a frauta travesa (sánscrito: vāṃśī) como "o instrumento de vento máis destacado da antiga India" e afirmou que as obras de arte relixiosas que representaban instrumentos de "música celestial" estaban relacionadas coa música de "carácter aristocrático". A frauta transversal india de bambú, o bansuri, era sacra para a deidade Krishna, quen aparece representado con este instrumento na arte hindú. Na India, a frauta travesa apareceu en relevos do século I d. C. en Sanchi e Amaravati entre os séculos II e IV d. C.

Segundo o historiador Alexander Buchner, houbo frautas en Europa na prehistoria, pero desapareceron do continente ata que chegaron de Asia a través do "norte de África, Hungría e Bohemia". A frauta soprada de extremo comezou a verse en ilustracións no século XI. As frautas travesas entraron en Europa a través de Bizancio e foron representadas na arte grega arredor do ano 800 d.C. A frauta travesa estendeuse por Europa a través de Alemaña e era coñecida como frauta alemá.

Ao músico que toca a frauta adóitaselle chamar frautista. Etimoloxía Hai varias hipóteses de onde provén o nome da frauta. Unha delas faio derivar do latín flatulare, de flatus, que significa soprar, inflar. Desta podería derivar afrautar e a súa metátese fraütar. Deste xeito, o substantivo frauta sería un derivado do verbo afrautar e sería difundido pola poesía dos trobadores, desde a lingua de oc ao resto de linguas románicas. Pero tamén hai as formas occitanas flauja, flajol e flaujar que teñen uns parecidos co francés flageolet, co catalán flabiol, ... que non poden ser consideradas como casuais e que quizais nos falan dun cruzamiento entre o latín tardío flatare e o occitano flaujar. O mesmo Joan Coromines documenta a forma flaüta en 1328 e a forma flahuta en 1378. Andrés, Ramon (1995): Diccionario de Instrumentos Musicales. Barcelona, Bibliograf. P. 160 y 161

Historia miniatura|esquerda|100px|Frauta feita co óso dun oso das cavernas. Trátase do instrumento de música máis antigo achado ata o momento. dereita|miniatura|300px|Frauta do período Auriñaciense, feita con óso, atopada no sitio arqueolóxico de Geissenklösterle, Alemaña. Réplica exposta no Parque da Prehistoria de Treverga, Principado de Asturias. Agás a voz, pola sinxeleza da súa construción, poida que sexa un dos instrumentos máis antigos, pois con diversas formas atópase en todas as culturas. As primeiras frautas asemellábanse a chifres, pois só tiñan un orificio (buraco), e os romanos déronlle os nomes de tibia, fístula e cálamo porque adoitaban facerse do óso chamado tibia ou dunha cana vexetal ou metálica. Acháronse en antigas ruínas non poucas destas frautas gregas e romanas de óso e de bronce como se poden ver nas coleccións dos Museos Británico de Londres e Nacional de Nápoles. Atópanse a miúdo nas escavacións de cidades romanas uns cilindros ocos de sección de morna cun orificio lateral a xeito de frauta reducida que parece deberon servir de chifres. Máis antigas que todas elas son, sen dúbida, as frautas exipcias de cana e de óso e de sinxelas formas que garda o mencionado museo de Londres entre outros. A frauta máis antiga descuberta pode ser un fragmento dun fémur dun oso das cavernas xuvenil, con dous ou catro buracos, atopado en Divje Babe preto de Cerkno (Eslovenia) e datado en hai aproximadamente 43.000 anos. Con todo, todo isto é moi disputadoHistoria da frauta, UCLA. 8 de abril de 2012 . pois en 2008 atopouse unha frauta que dataron entre 40.000 e 35.000 anos atrás na rexión do Xura de Suabia de Alemaña. Esta frauta furada con cinco buracos ten unha embocadura en forma de v e está feita do óso da á dun voitre. Os investigadores implicados no descubrimento publicaron as súas conclusións oficialmente no diario Nature, en agosto de 2009. O descubrimento é especialmente importante porque representa o achado do instrumento musical máis antigo da historia e permite pór data á produción de música por parte da especie humana. Esta frauta foi un dos instrumentos atopados na cova Hohle Fels, descuberta preto da Venus de Hohle Fels que é a escultura feminina máis antiga que se coñece. Ten tres buracos e, do mesmo xeito que as frautas modernas de tres buracos, suxeriuse que modificando a presión de aire podería producir melodías de notable complexidade.Artigo de divulgación sobre o achado e gravación do son que pode producir unha reprodución desta frauta Ao anunciar o descubrimento, os científicos suxerían que o achado demostra a presenza dunha tradición musical ben establecida no tempo en que os humanos modernos colonizaron Europa. Estas frautas demostran que xa había unha tradición musical desenvolvida desde os primeiros tempos da presenza dos humanos modernos en Europa. Os científicos tamén suxeriron que o descubrimento desta frauta pode axudar a explicar a probable diferenza cognitiva e comportamental entre os Neanderthais e os primeiros humanos modernos.

Aínda que esta é a mellor conservada das que atoparon neste lugar, tamén se lle atoparon outras feitas cun cabeiro de mamut, unha delas con tres buracos. Unha antigüidade de entre 30.000 e 37.000 anos é a que se atribúe á frauta ou chifre feita cun cabeiro de mamut que se atopou na cova de Geissenklösterle, en Alemaña , preto de Ulm‘Earliest musical instruments were first produced in Europe 40,000 years ago’ Universidade de Oxford (consultado o 6 de outubro de 2012) en 2004. Aproximadamente da mesma época datan outras dúas frautas, estas feitas con óso de cisne, que se descubriron unha década antes na mesma cova alemá, e ás que se atribúe unha antigüidade duns 36.000 anos. Estas atoparíanse entre os instrumentos máis antigos que se coñecen, o que permite afirmar que a frauta (ou o chifre) sería o instrumento máis antigo da humanidade. Outras frautas igualmente do paleolítico con antigüidades entre os 20.000 e 25.000 anos xa consideran as dúas grandes tipoloxías de embocadura, segundo o bisel estea practicado no extremo do tubo sonoro ou no interior deste. Entre os primeiros, progresivamente, fóronse desenvolvendo diversos tipos de bisel segundo tivera ou non tivese unha marca, que podería ter formas diversas (rectangular, ovoide, triangular...). Son posteriores os tipos de frauta con burato lateral.Gran Enciclopèdia de la Música. Barcelona, GECAndrés, Ramon (1995): Diccionario de Instrumentos Musicales. Barcelona, Bibliograf No período Auriñaciense estes instrumentos, agora cunhas perforacións laterais, empezáronse a prodigar máis, e proliferaron uns 5.000 anos máis tarde, no madaleniano.

A frauta travesa apareceu con posterioridade aos chifres e frautas rectas. A máis antiga conservada é un chi (篪|) que foi descuberto na tumba do marqués Yi de Zeng, en Suizhou, na provincia chinesa de Hubei. Data do 433 antes de Cristo, durante a dinastía Zhou. Está feita de bambú e decorada con lacados, ten os dous extremos tapados e ten cinco buracos. As frautas chi aparecen mencionadas no Shi Jing, que foi recompilado e editado por Confucio.

Nas grandes civilizacións da antigüidade, as frautas -tanto rectas como travesas- aparecen en Mesopotamia cara ao 2500 a.C., con nomes como ti gi a, tigi ou tigtigi, con funcións rituais nos templos. En Exipto, onde se coñeceu co nome de seba, mantivo unha función similar. Tiña tres buracos e soprábase polo bordo do extremo do tubo, de xeito similar ao ney e o kaval. Non sería ata a Grecia clásica que se practicaron ata seis ou máis buracos nas frautas.

Un tipo arcaico de frauta travesa é o que se desenvolveu sobre todo na China durante a dinastía zhou e que se coñece co nome de Ti; tivo un número crecente de buracos, un dos cales tapábase cunha fina fibra vexetal que vibraba ao vibrar a columna de aire e modificaba o timbre do instrumento; alcanzou o seu desenvolvemento máximo durante a dinastía Ming. Outro tipo de frauta travesa é o que se desenvolveu na India e que se coñece como bansuri.

A frauta da Grecia clásica era o syrinx, aínda que ás veces tamén recibía o nome de aulos, aínda que en realidade era un instrumento de lingüeta. Algo parecido ocorría no mundo romano entre a fístula e a tibia. O termo árabe xenérico para a frauta era sabbâba que influíu sobre o termo castelán medieval ajabeba, aínda que este referíase a unha frauta travesa, aquel aplicábase a todo tipo de frautas. dereita|miniatura|220px|Representación de dúas frautas travesas nunha miniatura das cantigas de Afonso X o Sabio Aristóteles fixo a seguinte declaración sobre a frauta: "Nós escoitamos unha canción na frauta con máis pracer do que na lira, pois o canto da voz humana e a frauta mestúranse ben por causa da súa correspondencia e simpatía, unha e outra anímanse polo vento!"

A frauta do deus Pan ou syrinx, que consta dunha serie de tubiños xustapostos e de magnitude decrecente, áchase debuxada en antigos relevos gregos e en pinturas romanas con idéntica forma á que ten hoxe en día.

miniatura|200px|Pintura de Edouard Manet, na que se representa a un raparigo tocando un frautín A Biblia, no Xénese, capítulo 4, versículo 21, cita a Jubal como pai de todos os que tocan o Ugab (frauta vertical de varios tubos) e o kinnor (lira portátil). O primeiro termo refírese ás veces a algúns instrumentos de vento en concreto e, outros, a algúns en particular; e o segundo a instrumentos de corda. Como tal, na tradición xudeu-cristiá, Jubal é tido como o inventor da frauta, un termo que se emprega nalgunhas traducións da Biblia.

Durante a Idade Media desenvolvéronse varios modelos de frautas dobres, ás veces tratábase de dous instrumentos separados que eran tocados xuntos e, noutros casos, dun instrumento construído xa como tal con dous tubos que nuns casos eran paralelos -como no caso do diple - e outros en ángulo, como o que toca un dos anxos músicos no retablo de Ferrer Bassa. De feito, xa na Grecia clásica existiran aulos dobres, en ángulo, segundo se pode ver en multitude de representacións pictóricas sobre cerámica.