O adxectivo Seco, feminino Seca, derivado do latín siccus, -a, -um, refírese, en xeral, a calquera cousa que estea falta de humidade. Pode referirse a:

Alimentación Froito seco, alimento moi enerxético, rico en graxa, en proteína, así como en oligoelemento; Peixe seco.

Bebidas alcohólicas Triplo seco, tipo de licor.

Climatoloxía Clima seco (véxase tamén clima árido); Clima mediterráneo seco; Clima tropical seco.

Como topónimo, pode referirse a:

En Galiza O Couce Seco, lugar da parroquia do Freixo, no concello das Pontes de García Rodríguez; Muíño Seco, lugar da parroquia de Traba, no concello de Coristanco; O Rego Seco, lugar da parroquia de Ambroa, no concello de Irixoa; O Roxo Seco, lugar da parroquia de Vilaformán, no concello de Trabada; O Vilar do Seco, lugar da parroquia de Distriz, no concello de Vilalba; Bustoseco, lugar da parroquia de Ribasieira, no concello do Porto do Son; Regoseco, lugar da parroquia de Corcoesto, no concello de Cabana de Bergantiños.

Fóra de Galiza

Na Arxentina Arroyo Seco, localidade do Departamento Rosario, provincia de Santa Fe; Glaciar Seco, glaciar no Parque Nacional Los Glaciares, Provincia de Santa Cruz.

Río de Galiza Río Seco, afluente do río Ulla.

Amais, como apelido, pode referirse a:

Agustín Sixto Seco, médico e intelectual galeguista; Carlos Seco, historiador español; César Cunqueiro González-Seco, escritor galego; Manuel Seco, filólogo español e académico da Real Academia Española; Manuel Vilariño Seco, fotógrafo galego; Miguel Seco Seco, político galego; Rafael Seco, deseñador, pintor, gravador e escultor español.

Véxase tamén Outros artigos

Dique seco, instalación portuaria destinada a poñer as embarcacións fóra da auga para efectuar reparacións; O berro seco, disco do grupo galego Milladoiro; Pao seco, tipo de letra; Porto seco, terminal intermodal de transportes situada no interior; Xeo seco ou neve carbónica, dióxido de carbono en estado sólido.