miniatura|dereita|O etinol é o inol ou alquinol máis simple que existe. miniatura|dereita|Fórmula do etinol. miniatura|dereita|Fórmula do acetilenodiol (ou etinodiol), un inodiol. miniatura|dereita|Estrutura molecular dun inolato. En química chámase inol ou alquinol a un alquino (hidrocarburo cun triplo enlace entre carbonos) que leva un grupo hidroxilo unido a un dos carbonos do triplo enlace. Os anións desprotonados dos inois ou alquinois denomínanse inolatos.

Un inol pode levar dous hidroxilos unidos, un en cada carbono do triplo enlace, e nese caso recibe o nome de inodiol. Só existe un inodiol posible, o acetilenodiol.

Inolatos Os inolatos son compostos químicos cun osíxeno cargado negativamente unido a unha función alquino. Foron sintetizados por primeira vez en 1975 por Schöllkopf e Hoppe por medio da fragmentación n-butilitio do 3,4-difenilisoxazol.

Sinteticamente, compórtanse como precursores de cetenas ou sintóns.

Tautomería inol-cetena

Os inois poden interconverterse coas cetenas por tautomería. A forma inol é xeralmente inestable e pouco duradeira, e cambia rapidamente a cetena. Isto débese a que o osíxeno é máis electronegativo ca o carbono e así forma enlaces covalentes máis fortes. Por exemplo, o etinol interconvértese rapidamente coa etenona.

Isomería inol-cetena 300px 300px Etinol  Etenona 

Notas

Véxase tamén Outros artigos Enol Alcohol

Categoría:Compostos químicos Categoría:Hidrocarburos Categoría:Alquinos Categoría:Alcohois