miniatura|300px|Deus Pai por Cima da Conegliano, c. 1515 Deus Pai é un título dado a Deus en moitas relixións monoteístas, especialmente nas abrahámicas. No xudaísmo Deus é chamado Pai por ser o creador, o dador da vida e da lei, e protector. No cristianismo, Deus tamén é chamado "Pai" polas relacións paternofiliais reveladas por Xesús Cristo e polas razóns mencionadas anteriormente.
Polo xeral, o nome Pai representa o papel de Deus como dador de vida, autoridade, protector poderoso e, a miúdo, percebido como omnipotente, omnisciente e omnipresente, cun poder infinito e cunha caridade máis aló do entendemento humano. Por exemplo, logo de rematar o grande traballo da Summa Theologica, Tomé de Aquino concluía que non comezara a comprender aínda a Deus Pai. O xénero de Deus miniatura|200px|esquerda|Imaxe de Deus Pai por Julius Schnorr, 1860.
Na maioría das tradicións e escritos das grandes relixións monoteístas, atribúense características masculinas a Deus. Na Biblia fálase directamente de Deus como termo masculino "Pai", tanto no Antigo como no Novo Testamento.
A miúdo defínese a Deus como un ser puramente espiritual e, xa que logo, sen sexo. Por exemplo, o Catecismo da Igrexa Católica no seu punto 239 declara que "Convén lembrar, entón, que Deus transcende a distinción humana dos sexos. Non é home nin muller, é Deus" Convém, então, lembrar que Deus transcende a distinção humana dos sexos. Não é homem nem mulher: é Deus. (Catecismo da Igrexa Católica).
Tamén na Biblia pódense atopar imaxes femininas referentes a Deus. Aínda que nunca se chama a Deus "Nai", ás veces compáraselle cunha nai. Unha muller dando a luz (Is 42,14), unha nai que non esquece aos seus fillos (Is 49,15), que os conforta (Is 66,12-13), unha nai que protexe a Israel (Is 46,3-4) etc.
O concepto islámico de Deus distánciase das concepcións xudeas e cristiás, e o termo "pai" non é aplicado polos musulmáns a Deus.
Notas
Categoría:Monoteísmo Categoría:Deuses creadores Categoría:Deuses da sabedoría