A bandeira de Chile, coñecida como A estrela solitaria, foi adoptada oficialmente o 18 de outubro de 1817. Está dividida horizontalmente en dúas franxas: a superior é azul e branca mentres que a inferior é vermella. Sobre o cantón azul, sitúase un estrela de cinco puntas de cor branca.

As principais interpretacións do uso das cores da bandeira atribúen ó azul a representación dos ceos e o océano Pacífico; ó branco, os cumios nevados da cordilleira de los Andes; e ó vermello, o sangue vertido polos heroes nacionais na loita pola independencia. Á súa vez, a estrela simboliza os tres poderes do Estado chileno (Executivo, lexislativo e xudicial) que velan pola integridade da nación; porén, outras interpretacións atribuirían a estrela única como referencia ó Estado unitario, a diferenza de, por exemplo, a bandeira dos Estados Unidos de América cuxas múltiples estrelas representan o federalismo.

Porén, segundo os relatos do poema épico A Araucana (1569), as cores da actual bandeira chilena remontaríanse ás bandas tricolores empregadas polos toquis mapuches durante a Guerra de Arauco contra a Conquista española, mentres que a estrela sería a representación da estrela de Arauco, segundo Bernardo O'Higgins.

O Día oficial da Bandeira nacional celébrase o 9 de xullo en conmemoración dos 77 soldados que faleceron en 1882 na Combate de Concepción, durante a Guerra do Pacífico.

Construción e despregue 300px|dereita|Construción da bandeira de Chile. miniatura|250px|Imaxe dunha bandeira chilena. O cantón presenta unha cor azul mariño, unha das tonalidades máis usadas no pavillón patrio.

O Goberno de Chile usa un logotipo baseado na bandeira nacional e as súas cores están definidas tanto no sistema Pantone como no RGB e CMYK para a súa utilización en formatos dixitais e impresos. Estas cores poderían semellar as tonalidades oficiais da bandeira, mais non corresponden precisamente a estas.

AzulBrancoVermelloPantone286-CSafe485-CRGB(0, 53, 173)(255, 255, 255)(220, 36, 31)HTML#0035AD#FFFFFF#DC241FCMYK(100, 61, 0, 20)(0, 0, 0, 0)(0, 100, 100, 20)

dereita|250px|Despregue da bandeira de Chile en forma horizontal ou vertical

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Bandeira de Chile en Flags of the World

Categoría:Símbolos de Chile Chile Categoría:Bandeiras de Chile Chile