Sobre a amizade é un diálogo de carácter filosófico escrito por Marco Tulio Cicerón co título orixinal en latín de Laelius de Amicitia. A obra foi traducida ao galego por Alfonso Blanco Quintela e publicada en 1995 por Editorial Galaxia.

Foi escrito no ano 44 a.C., e está ambientado 85 anos antes. Está adicado a Tito Pomponio Ático. O tema principal que trata é a amizade, poñendo a visión epicúrea (a preferida por Ático) fronte á visión estoica (a de Cicerón).

Contido Clasificación das persoas As boas son as persoas que expresan os sentimentos de corazón e non son avariciosa a nivel materialista ou posición social, persoas humildes. As malas son persoas que antepoñen os seus desexos e avaricia ante calquera persoa ou circunstancia.

Clasificación respecto da amizade miniatura|Clásicos en Galego 14: Sobre a vellez e Sobre a amizade. Respecto da amizade, fai outra clasificación: a verdadeira e perfecta, fronte á vulgar e mediocre: A verdadeira e perfecta é unha amizade na que o amigo atópase para calquera tipo de circunstancia, tanto alegre como desgraciada. Amizade na que non se sitúa o suposto amigo en situacións comprometedoras e só hai sentimentos de amor e cariño. A vulgar e mediocre é unha relación amigábel de conveniencia, para conseguir bens materiais ou status sociais. Amizade na que as persoas son egoístas e buscan o propio beneficio sen importar as consecuencias para a outra persoa.

Opinións sobre a existencia da amizade Pensase que é algo natural, que pertence os instintos de supervivencia e que todas as persoas teñen a tendencia a relacionarse co resto de mundo, sexa con finalidade de interese ou por cariño.

Pensase tamén que é simplemente unha especie de “pacto” para a través destas relacións conseguir metas ou desexos.

A amizade entre dúas persoas que dure ata os últimos días de existencia ten gran dificultade, polo feito de que os intereses, formas de pensar e actuar das persoas cambian co tempo.

Conclusión Quere transmitir e explicar que para Lelio (protagonista que dá a súa valoración da amizade) a amizade é tratar aos demais como che gustaría ser tratado e cando mires a un amigo, míraste a ti mesmo, porque para el, iso é amizade.

Véxase tamén Outros artigos Clásicos en Galego Biblioteca Galega de Clásicos Universais Ligazóns externas Ficha na web de Editorial Galaxia. Laelius de Amicitia en latín, en The Latin Library

Categoría:Obras filosóficas Categoría:Obras literarias en latín Categoría:Obras traducidas do latín ao galego