A bandeira de Granada foi adoptada o 7 de febreiro de 1974. A bandeira consiste nun rectángulo dividido diagonalmente en triángulos amarelos arriba e abaixo e verdes ós lados, cun bordo vermello arredor da bandeira. Ten sete estrelas amarelas de cinco puntas, tres centradas no bordo superior, outras tres centradas no bordo inferior e unha máis nun círculo vermello superposto no centro da bandeira. Por último, unha vaíña de noz moscada, colocada de forma simbólica, está situada no triángulo da esquerda (Granada é o segundo país en produción de noz moscada, tras Indonesia). As sete estrelas representan as súas sete divisións administrativas, sendo a do centro a que representa a capital.
Outras bandeiras
Véxase tamén Ligazóns externas Bandeira de Granada en Flags of the World
Categoría:Símbolos de Granada, Caribe Categoría:Bandeiras de estados soberanos Categoría:Bandeiras nacionais Categoría:Bandeiras introducidas en 1974