Tamara de Lempicka, tamén grafado Łempicka, nada co nome de Tamara Rosalia Gurwik-GórskaO seu nome completo de nacemento, de acordo con Claridge (1999), p. 10; e Mori (2011), p. 22. Biographies de Lempicka-Foxhall & Phillips (1987), Néret (2000), Blondel, Brugger, e Gronberg (2004), e Bade (2006); outras fontes referen que o seu nome de nacemento era Maria (e.g., Helena Reckitt, The Art of Feminism: Images that Shaped the Fight for Equality, 1857–2017, 2018, p. 84. ou Maria Górska en Varsovia o 16 de maio de 1898 e finada en Cuernavaca (México) o 18 de marzo de 1980, foi unha pintora polonesa.
Traxectoria Nada no seo dunha familia da alta burguesía, estudou nun internado en Lausana (Suíza), en 1914 marcha a vivir a San Petersburgo cunha súa tía. En 1916 casou cun avogado chamado Tadeusz Lempicki en San Petersburgo, Rusia. En decembro de 1917, durante a Revolución rusa, os bolxeviques deteñen ao seu marido, pero ela consegue que o poñan en liberdade e marchan a París, onde ela adopta o nome de Tamara de Lempicka. Estuda arte con Maurice Denis e André Lhote, comeza a expoñer a partir de 1923 e convértese nunha coñecida retratista, desenvolvendo un estilo propio, ás veces denominado cubismo brando, pero que se desenvolve dentro da Art déco coas súas texturas e cores frías e duras, gusto pola sensualidade do corpo pero sometido á desintegración xeométrica por medio de círculos e triángulos.
Nas vésperas da segunda guerra mundial, trasládase a Beverly Hills co seu segundo marido, Raoul Kuffner e entra en contacto coas grandes estrelas cinematográficas da época. En 1943 establécense en Nova York. Despois da morte do seu marido en 1962, Tamara trasládase a Houston e comeza a pintar nun novo estilo, que non foi ben recibido e non volveu expoñer máis nunca. En 1978 marchou a vivir a Cuernavaca, México, onde morreu en 1980. esquerda|miniatura|Votación nas eleccións municipais de 2007 durante a exposición en Vigo
Exposición en Vigo Na primavera de 2007 a Fundación Caixa Galicia presentou na Casa das Artes de Vigo a primeira retrospectiva dedicada na Península Ibérica a Tamara de Lempicka. Durante tres meses foron exhibidos en total 43 óleos e 15 debuxos, 21 fotografías, un audiovisual biográfico e diversos obxectos persoais da artista, pezas reunidas grazas á colaboración de numerosos museos e coleccións, tanto públicas como privadas, de Europa e Norteamérica, principalmente.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Art Déco Arte contemporánea Cubismo Post-cubismo Vangardas
Ligazóns externas
Um sonho de metal suspenso: Tamara de Lempicka (e II) - PGL (en galego reintegrado)
Categoría:Pintores de Polonia Categoría:Nados en Varsovia Categoría:Nados en 1898 Categoría:Finados en 1980