Bion 6, tamén coñecido como Kosmos 1514, foi un satélite artificial non tripulado da Unión Soviética pertencente á serie de satélites Bion para investigacións biolóxicas. Foi lanzado o 14 de decembro de 1983 mediante un foguete Soiuz U desde o cosmódromo de Plesetsk.
Características Bion 6 foi o sexto satélite da serie de satélites Bion. Foi lanzado nunha órbita inicial de 226 km de perixeo, 288 km de apoxeo e 82,3 graos de inclinación orbital, cun período de 89,3 minutos.
Bion 6 levaba a bordo dous macacos Rhesus con sensores implantados para monitoriza-lo fluxo de sangue da arteria corótide e 18 ratas preñadas para o estudo do efecto da radiación e a microgravedade no embarazo. As ratas deron a luz camadas normais.
A cápsula regresou o 19 de decembro de 1983, tras 5 días de voo.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Bion Bion 1 Bion 2 Bion 3 Bion 4 Bion 5 Bion 7 Bion 8 Bion 9 Bion 10 Bion 11
Categoría:Bion