Bion 9, tamén coñecido como Kosmos 2044, foi un satélite artificial non tripulado da Unión Soviética pertencente á serie de satélites Bion para investigacións biolóxicas. Foi lanzado o 15 de setembro de 1989 mediante un foguete Soiuz U desde o cosmódromo de Plesetsk.

Características Bion 9 foi o noveno satélite da serie de satélites Bion. Foi lanzado nunha órbita inicial de 216 km de perixeo, 294 km de apoxeo e 82,3 graos de inclinación orbital, cun período de 89,3 minutos.

Bion 9 levaba 80 experimentos a bordo provenientes de nove países e da ESA, relacionados co mareo, a reprodución e a rexeneración, a inmunoloxía e a readaptación á gravidade normal. A bordo ían roedores, tritóns, peixes, moscas da froita, formigas, vermes, células e sementes, así como dous macacos.

A cápsula regresou o 29 de setembro de 1989, tras 14 días de voo, con algúns espécimes mortos debido a un fallo no control térmico da cápsula.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Bion Bion 1 Bion 2 Bion 3 Bion 4 Bion 5 Bion 6 Bion 7 Bion 8 Bion 10 Bion 11

Categoría:Bion