miniatura|Vista do Val do río Ser no concello de Navia de Suarna. A serra de Ancares é unha cordilleira administrativamente dividida entre Galicia e Castela e León, no extremo suroeste da cordilleira Cantábrica. Encóntrase situada na parte máis oriental da provincia de Lugo e na parte máis noroccidental da provincia de León.
Características Constitúe o límite entre Galicia e Castela e León. De norte a sur, destacan nela os cumes de Miravales (1966 m), o Pico Cuíña (1992 m), Pena Longa (1896 m), O Mustallar (1935 m), Pico de Lagos (1867 m), Pico dos Tres Bispos (1794 m) e Penarrubia (1822 m). Esta serra presenta fracturas nas súas fallas, formando pequenos vales polos que discorren os afluentes do río Navia na vertente galega e os da conca do río Sil na vertente leonesa.
Predominan lousas, calcarias, filitas, areíscas e cuarcitas. O clima que presenta é o oceánico de montaña. Os mamíferos que podemos encontrar son o lobo, o corzo e ocasionalmente o oso pardo. Entre as aves, destacan a aguia cobreira e a pita do monte, case extinta na parte galega da serra. En canto á vexetación xunta aos ríos atópanse salgueiros e abeneiros, tamén son frecuentes os castiñeiros, freixos e abeleiras, carballos e acivros por riba dos 1600 metros medra o mato, as uceiras nos solos máis pobres e os piornos nas zonas máis ricasGonzález Arias, Alejandro, Guía e rutas dos Ancares, Vigo: Editorial Galaxia, 1995, pp 13-14.
Recentemente, no 2006, foi declarada Reserva da Biosfera pola UNESCO.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén Bibliografía
As montañas de Galiza. A Nosa Terra, 2006. ISBN 84-8341-126-1
Categoría:Macizo Galaico Categoría:Zonas de especial protección para as aves Categoría:Bens de Interese Cultural da provincia de Lugo Categoría:Cervantes Categoría:Navia de Suarna