Wallace Michael Shawn, nado o 12 de novembro de 1943 en Nova York, é un actor, actor de voz, cómico e escritor estadounidense. Entre as súas interpretacións máis recoñecidas salientan o seu papel como Wally Shawn (un versión ficticia de si mesmo) na comedia My Dinner with Andre (1981), Vizzini no filme A princesa prometida (1987), Mr. James Hall en Clueless (1995) e a voz de Rex na franquía cinematográfica de Toy Story. Tamén interpretou diferentes papeis en seis filmes de Woody Allen. Entre os seus traballos máis destacados en televisión están o seu papel como Grand Nagus Zek en Star Trek: Deep Space Nine (1993–1999), Cyrus Rose en Gossip Girl (2008–2012) e Dr. John Sturgis en Young Sheldon (2018–).

Entre as súas obras de teatro están Aunt Dan and Lemon (1985), The Designated Mourner (1996) e Grasses of a Thousand Colors (2008). Tamén escribiu o guión de My Dinner with Andre xunto con Andre Gregory, e A Master Builder (2013), unha adaptación cinematográfica da obra de Henrik Ibsen, a cal tamén protagonizou. O seu libro Essays foi publicado no ano 2009 pola editorial Haymarket Books.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb

Categoría:Actores dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Nova York Categoría:Nados en 1943 Categoría:Estadounidenses de ascendencia xudía