Ramón Félix Blanco Gómez, nado en Santa Marta de Moreiras (O Pereiro de Aguiar) o 20 de maio de 1945 e finado en Ventín (Ames) o 25 de decembro de 2001,Necrolóxica en La Voz de Galicia, 26-12-2001, p. 47. foi un sindicalista e político galego.

Traxectoria Emigrado en Suíza, foi redactor da revista El Obrero, editada pola Federación da construción da Unión Sindical suíza. De volta a Galicia, foi elixido secretario de organización da Unión General de Trabajadores (1979), secretario de organización do PSdeG-PSOE e deputado do Parlamento de Galicia polo PSdeG-PSOE nas tres primeiras lexislaturas (1981-1993). Formou parte do primeiro goberno da Xunta en xuño de 1979, presidido por Xosé Quiroga Suárez, por un breve período pois dimitiu o 6 de decembro dese ano. Foi soterrado en Xinzo de Limia.

Vida persoal

Casou con Alba Portela Rivero(Vita), foi pai de Roberto e Ana Blanco Portela e avó de Hugo e Candela.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Nados en 1945 Categoría:Finados en 2001 Categoría:Galegos de Suíza Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Nados no Pereiro de Aguiar Categoría:Deputados da I Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados da II Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados da III Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes