Austurland (en galego: Rexión Oriental) é unha das oito rexións de Islandia, sendo a rexión máis oriental do país.

Xeografía O seu territorio abrangue unha superficie de 21.986 km². O punto máis oriental de Islandia está situado en Norðfjarðarhorn, a uns 25 quilómetros ao nordeste de Eskifjörður. Ademais, tamén se localiza o punto máis alto do país, o Monte Hvannadalshnjúkur, que ten unha altitude de 2.119 metros.

Demografía En Austurland viven unhas 13.786 persoas (2008) repartidas nos 21.986 quilómetros cadrados que ocupa, o que supón unha densidade de poboación de 0,58 habitantes por quilómetro cadrado.

Os principais núcleos de poboación son Austurbyggð, Borgarfjörður, Breiðdalur, Djúpivogur, Egilsstaðir, Eskifjörður, Höfn, Neskaupstaður, Reyðarfjörður, Seyðisfjörður e Vopnafjörður.

+ Evolución da poboación da rexiónAnoPoboaciónPorecentaxe dapoboación islandesa 1920 10,85 % 1930 9,71 % 1940 8,41 % 1950 6,83 % 1960 5,78 % 1970 5,53 % 1980 5,56 % 1990 5,13 % 2000 4,13 % 2007 4,41 %

Divisións Condados Na rexión de Austurland están situados os seguintes condados:

Austur-Skaftafellssýsla Norður-Múlasýsla Suður-Múlasýsla

Concellos Austurland comprende os seguintes municipios:

Borgarfjarðarhreppur (142 habitantes) Breiðdalshreppur (197 habitantes) Djúpavogshreppur (456 habitantes) Fjarðabyggð ( habitantes) Fljótsdalshérað ( habitantes) Fljótsdalshreppur (366 habitantes) Hornafjörður ( habitantes) Seyðisfjörður (717 habitantes) Vopnafjarðarhreppur (674 habitantes)

Imaxes

Categoría:Rexións de Islandia