Outlander é un filme estadounidense dirixido por Howard McCain que se estreou no 2008. Está protagonizado por Jim Caviezel. O filme trata dunha nave espacial que se estrela na Noruega da era viquinga. De acordo cos seus creadores, Outlander está vagamente baseado no poema épico Beowulf.
Sinopse Viquingos, ano 509. Unha nave espacial estrélase na antiga Noruega. Do seu interior saen un guerreiro humanoide chamado Kainan e unha sanguinaria criatura coñecida como Moorwen, unha besta salvaxe disposta a vingar a extinción da súa raza a mans do exército do guerreiro. Mentres Moorwen devasta os territorios viquingos, asasinando a quen se lle pon por diante, Kainan, combinando a súa avanzada tecnoloxía con armas antigas, adícase a formar un grupo de primitivos pero feroces guerreiros.
Personaxes Jim Caviezel como Kainan Sophia Myles como Freya Jack Huston como Wulfric John Hurt como Rothgar Cliff Saunders como Boromir Ron Perlman como Gunnar Aidan Devine como Einar Bailey Maughan como Eric
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity
Categoría:Filmes de 2008 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes en lingua islandesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de acción e ciencia ficción dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes rodados en Vancouver Categoría:Filmes rodados no estado de Washington Categoría:Filmes baseados en Beowulf Categoría:Filmes de monstros Categoría:Filmes ambientados en Noruega Categoría:Filmes ambientados no século VIII Categoría:Filmes ambientados na era viquinga