O Gran Premio de Mónaco de 1984 foi unha carreira de Fórmula Un celebrada o 3 de xuño de 1984 no Circuíto de Mónaco en Monte Carlo, Mónaco. Foi a sexta carreira do Campionato do Mundo de pilotos de .
Informe
A carreira, que tivo lugar no medio de fortes choivas, foi unha das máis polémicas na historia da Fórmula Un, e anunciou a aparición de polo menos dúas novas estrelas. Alain Prost logrou a primeira das súas catro vitorias no circuíto.
Logo dunha demora por choiva de 45 minutos, (a pista estaba tan mollada que os pilotos solicitaron aos comisarios de pista que mollaran a sección do túnel porque os coches serían máis difíciles de pilotar nunha superficie seca, con pneumáticos de choiva). O pole Prost liderou a carreira desde o principio, mentres que un choque entre René Arnoux e Derek Warwick lanzou coche de Warwick contra o do seu seu compañeiro de equipo Patrick Tambay. Ambos os pilotos sufriron lesións nas pernas, e Tambay perdeuse a seguinte carreira no Canadá.
Prost foi adiantado na novena volta por Nigel Mansell, que lideraba un Gran Premio por primeira vez, Mansell abría dous segundos de vantaxe por volta, pero cinco voltas máis tarde un dos seus pneumáticos pasou sobre unha liña branca pintada e derrapou na Curva do Casino, danando o seu coche e retirándose da carreira.
Prost asumiu o liderado de novo, pero Ayrton Senna, quen, na súa primeira carreira nun circuíto urbano na súa primeira tempada na Fórmula Un nun pouco competitivo coche Toleman, alcanzouno rapidamente, a pesar de comezar a carreira décimo terceiro. Na volta 29, Prost fixo acenos aos comisarios da carreira para indicar que a carreira debía ser detida. Fixo un novo xesto na volta 31 cando pasou a liña de meta. A bandeira vermella para deter a carreira móstrase na parte final da volta 32 logo de que o director de carreira Jacky Ickx decidira que as condicións eran demasiado perigosas para seguir a carreira. Senna pasou ao McLaren de Prost antes da liña de meta, pero de acordo ás regras, as posicións que contan son as da última volta completada por todos os pilotos, a volta 31, momento no que Prost era aínda líder.Hamilton, Maurice (1984)) Autocourse 1984–85 p.141 Hazleton publishing ISBN 0-905138-32-5 A parada foi controvertida, xa que beneficiou Prost, que levaba un motor deseñado por Porsche, e que fora ideado por Ickx, empregado de Porsche nas carreiras de autos deportivos. Ickx foi suspendido das súas funcións de control das carreiras por non consultar cos delegados a súa decisión antes de tomala.http://www.redeyeevents.co.uk/index.php?option=com_content&view=article&id=53&Itemid=60 A choiva non caía tan forte nese momento como o caía previamente.
Se lle permitisen continuar ata completar o 75% das voltas, lograría a totalidade dos puntos e Prost puido ter os 6 puntos do 2º lugar no canto de 4´5 puntos da vitoria, a metade dos puntos concedidos ao non chegar a dito porcentaxe. Prost co tempo chegaría a perder o campionato con Niki Lauda por medio punto.
Senna e Mansell non foron os únicos pilotos novos en correr cerca da cabeza. Stefan Bellof, pilotando o único coche de aspiración natural da carreira, terminou terceiro. Os resultados do equipo Tyrrell foron borrados máis tarde debido ás infraccións por peso, o que significa que Bellof foi desposuído do seu podio, o seu lugar foi tomado por René Arnoux.
Esta foi a primeira vez que Ayrton Senna logrou unha volta rápida na Fórmula Un.
Clasificación Cualificación Pos Nº Piloto Construtor Tempo Diferenza 1 7 Alain Prost McLaren-TAG 1:22.661 — 2 12 Nigel Mansell Lotus-Renault 1:22.752 +0.091 3 28 René Arnoux Ferrari 1:22.935 +0.274 4 27 Michele Alboreto Ferrari 1:22.937 +0.276 5 16 Derek Warwick Renault 1:23.237 +0.576 6 15 Patrick Tambay Renault 1:23.414 +0.753 7 26 Andrea de Cesaris Ligier-Renault 1:23.578 +0.917 8 8 Niki Lauda McLaren-TAG 1:23.886 +1.225 9 1 Nelson Piquet Brabham-BMW 1:23.918 +1.257 10 6 Keke Rosberg Williams-Honda 1:24.151 +1.490 11 11 Elio de Angelis Lotus-Renault 1:24.426 +1.765 12 14 Manfred Winkelhock ATS-BMW 1:24.473 +1.812 13 19 Ayrton Senna Toleman-Hart 1:25.009 +2.348 14 22 Riccardo Patrese Alfa Romeo 1:25.101 +2.440 15 2 Corrado Fabi Brabham-BMW 1:25.290 +2.629 16 5 Jacques Laffite Williams-Honda 1:25.719 +3.058 17 25 François Hesnault Ligier-Renault 1:25.815 +3.154 18 20 Johnny Cecotto Toleman-Hart 1:25.872 +3.211 19 24 Piercarlo Ghinzani Osella-Alfa Romeo 1:25.877 +3.216 20 4 Stefan Bellof Tyrrell-Ford 1:26.117 +3.456 NSC 17 Marc Surer Arrows-Ford 1:26.273 +3.612 NSC 3 Martin Brundle Tyrrell-Ford 1:26.773 +3.712 NSC 23 Eddie Cheever Alfa Romeo 1:26.471 +3.810 NSC 18 Thierry Boutsen Arrows-BMW 1:26.514 +3.853 NSC 10 Jonathan Palmer RAM-Hart 1:27.458 +4.797 NSC 21 Mauro Baldi Spirit-Hart 1:28.360 +5.699 NSC 9 Philippe Alliot RAM-Hart 1:29.576 +6.915
Carreira Pos Nº Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos 1 7 Alain Prost McLaren-TAG 31 1:01:07.740 1 4´5 2 19 Ayrton Senna Toleman-Hart 31 + 7.446 13 3 3 28 René Arnoux Ferrari 31 + 29.077 3 2 4 6 Keke Rosberg Williams-Honda 31 + 35.246 10 1´5 5 11 Elio de Angelis Lotus-Renault 31 + 44.439 11 1 6 27 Michele Alboreto Ferrari 30 + 1 volta 4 0´5 7 24 Piercarlo Ghinzani Osella-Alfa Romeo 30 + 1 volta 19 8 5 Jacques Laffite Williams-Honda 30 + 1 volta 16 DSC 4 Stefan Bellof Tyrrell-Ford 31 Descualificado 20 Ret 22 Riccardo Patrese Alfa Romeo 24 Erro de pilotaxe 14 Ret 8 Niki Lauda McLaren-TAG 23 Trompo 8 Ret 14 Manfred Winkelhock ATS-BMW 22 Trompo 12 Ret 12 Nigel Mansell Lotus-Renault 15 Trompo 2 Ret 1 Nelson Piquet Brabham-BMW 14 Eléctrico 9 Ret 25 François Hesnault Ligier-Renault 12 Eléctrico 17 Ret 2 Corrado Fabi Brabham-BMW 9 Eléctrico 15 Ret 20 Johnny Cecotto Toleman-Hart 1 Trompo 18 Ret 16 Derek Warwick Renault 0 Colisión 5 Ret 15 Patrick Tambay Renault 0 Colisión 6 Ret 26 Andrea de Cesaris Ligier-Renault 0 Accidente 7 NSC 17 Marc Surer Arrows-Ford NSC 3 Martin Brundle Tyrrell-Ford NSC 23 Eddie Cheever Alfa Romeo NSC 18 Thierry Boutsen Arrows-BMW NSC 10 Jonathan Palmer RAM-Hart NSC 21 Mauro Baldi Spirit-Hart NSC 9 Philippe Alliot RAM-Hart
Posicións logo da carreira
Clasificación no campionato de pilotos Pos Piloto Puntos 1 Alain Prost 28.5 2 Niki Lauda 18 3 René Arnoux 15 4 Derek Warwick 13 5 Elio de Angelis 13
Clasificación do campionato de construtores Pos Construtor Puntos 1 McLaren-TAG 46´5 2 Ferrari 24´5 3 Renault 21 4 Lotus-Renault 17 5 Williams-Honda 11.5
Notas: Só están incluídos os cinco primeiros postos da clasificación.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Categoría:Grandes Premios de Fórmula 1 de 1984 Categoría:Gran Premio de Mónaco de Fórmula 1