miniatura|Baías ou slots PCI (64 bits). Unha baía de inserción, badía de inserción ou rañura de expansión, tamén coñecida polo termo inglés slot, é unha fenda, conector, encaixe ou espazo na placa base dun computador, que permite conectar diferentes dispositivos expandindo as capacidades do sistema. A súa función é ligar os periféricos ao barramento (en inglés bus), facendo corresponder as velocidades. Nas placas base encóntranse varias rañuras para o encaixe doutras placas (vídeo, son, módem e rede por exemplo).
Exemplos de rañuras ISA: (Industry Standard Architecture): Que é utilizado para conectar periféricos lentos, como a placa de son e fax módem (16 bits baixa velocidade). PCI: Utilizado por periféricos que demanden velocidade, como a placa de vídeo (32 bits, alta velocidade). AGP: (Accelerated Graphics Port): Utilizado exclusivamente por interface de vídeos 3D (32 bits, alta velocidade). PCI Express: Utilizadas nas placas de vídeo mais modernas, varía de 1X até 32X.
Notas
Véxase tamén Outros artigos ISA PCI PCI Express Tarxeta de expansión
Categoría:Arquitectura de ordenadores