Longa Marcha 2E (Chang Zheng 2E en pinyin, abreviadamente CZ-2E) é o nome dun modelo da familia de foguetes Longa Marcha.
Características
O Longa Marcha 2E foi un lanzador orbital chinés de tres etapas e catro aceleradores deseñado para poñer satélites en órbita baixa terrestre ou en órbita xeoestacionaria. Podía poñer ata 9200 kg de carga nunha órbita de 200 km de altura ou 3370 kg nunha órbita de transferencia xeoestacionaria. Foi retirado do servizo en 1995.
Historial de lanzamentos
Voo Data Rampla de lanzamento Carga Resultado Notas116 de xullo de 1990Centro de lanzamento de Xichang, LC-2Badr 1ÉxitoPrimeiro voo.213 de agosto de 1992Centro de lanzamento de Xichang, LC-2Optus B1Éxito321 de decembro de 1992Centro de lanzamento de Xichang, LC-2Optus B2Éxito parcialA cofia colapsou 45 segundos tralo lanzamento debido ó fallo do sistema de guiado en compensar os efectos dos fortes ventos. Con todo o foguete seguiu o seu curso e conseguiu poñer en órbita o satélite danado.427 de agosto de 1994Centro de lanzamento de Xichang, LC-2Optus B3Éxito525 de xaneiro de 1995Centro de lanzamento de Xichang, LC-2APStar 2FalloA cofia colapsou nun incidente similar ó do lanzamento do 21 de decembro de 1992, pero nun momento máis tardío durante o voo, destruíndose o satélite e o foguete, os restos do cal caeron nunha localidade próxima e matando a polo menos 20 persoas, e pode que ata 120.628 de novembro de 1995Centro de lanzamento de Xichang, LC-2AsiaSat 2Éxito728 de decembro de 1995Centro de lanzamento de Xichang, LC-2Echostar 1ÉxitoÚltimo voo dun Longa Marcha 2E.
Notas
Categoría:Longa Marcha (foguete)