Jesús Díaz Fornas, nado en Viver (Castelló) o 12 de marzo de 1946, é un avogado e político galego do PSdeG-PSOE. Foi o primeiro alcalde democrático de Noia, entre 1979 e 1987.
Traxectoria Licenciado en Dereito. Encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE á alcaldía de Noia nas primeiras eleccións democráticas, a cal foi a máis votada e foi elixido alcalde por maioría simple. Volveu ser elixido nas municipais de 1983, nesta ocasión cunha ampla maioría absoluta. Foi deputado provincial entre 1979 e 1986, cando foi elixido deputado no Congreso pola provincia da Coruña. No 1987 perdeu a alcaldía en favor do nacionalista Pastor Alonso Paz. Foi reelixido deputado nacional nas eleccións xerais de 1989, concorrendo de novo en 1993, se ben nesta ocasión non logrou a acta ata 1995, trala dimisión de Xerardo Estévez, retirándose da primeira liña política tralas xerais de 1996. Dedicouse a partir de entón plenamente ó exercicio da avogacia ata a súa xubilación, e concorreu en postos testimoniais das candidaturas municipais do PSdeG-PSOE en Noia.
Véxase tamén
Outros artigos
Eleccións municipais en Noia
Ligazóns externas Ficha no Congreso dos Deputados Entrevista
Categoría:Nados en 1946 Categoría:Nados en Viver Categoría:Alcaldes de Noia Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Deputados do Congreso dos Deputados polo PSOE Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados pola provincia da Coruña Categoría:Deputados provinciais da Coruña Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (III Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (IV Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (V Lexislatura)