Manuel Eirís Cabeza, nado en Sofán (Carballo) o 10 de maio de 1930 e finado no mesmo concello o 23 de outubro de 1992,Necrolóxica en La Voz de Galicia, 24-10-1992, p. 66. foi un veterinario e político galego do PPdeG.

Traxectoria Licenciado en Veterinaria pola Universidade de León. Foi presidente do Sindicato da Gandería durante o franquismo e xerente de GAPER e de Sociedades Agrarias de Transformación. Foi deputado no Parlamento de Galicia na I lexislatura (1981-1985). Foi elixido deputado do Congreso pola provincia da Coruña na III e IV lexislaturas (1986-1992). Foi substituído no Congreso por Belén do Campo Piñeiro en 1992.

Vida persoal

Casou con Florinda Puñal Carballo e foi pai de Aurora, Jesús, Ana e Luis Eirís Puñal. Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Ficha no Congreso dos Deputados

Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia por AP Categoría:Deputados do Congreso dos Deputados polo PP Categoría:Nados en Carballo Categoría:Nados en 1930 Categoría:Finados en 1992 Categoría:Deputados da I Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados pola provincia da Coruña Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (III Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (IV Lexislatura) Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes