I'm Not There é un filme estadounidense dirixido por Todd Haynes que se estreou no 2007.

Sinopse Retrato do lendario músico Bob Dylan. Seis intérpretes encarnan diferentes momentos da vida persoal e profesional do cantante norteamericano que revolucionou a música popular nos anos 60 e 70. O filme consta de varias historias cuxos protagonistas son do máis heteroxéneo: Woody (Marcus Carl Franklin) é un neno negro de once anos que sempre está fuxindo. Robbie (Heath Ledger), un artista que vive na estrada. Jude (Cate Blanchett), un xove andróxino, é estrela de rock. John (Christian Bale), un ídolo folk que se converte en evanxelista. E Billy (Richard Gere) é un famoso fuxitivo.

Personaxes Os primeiros seis personaxes representan diferentes aspectos da vida e da música de Bob Dylan. Marcus Carl Franklin como "Woody Guthrie". Christian Bale como Jack Rollins / Pastor John. Cate Blanchett como Jude Quinn. Richard Gere como "Billy the Kid". Heath Ledger como Robbie Clark Ben Whishaw como "Arthur Rimbaud". Outros Charlotte Gainsbourg como Claire David Cross como Allen Ginsberg Eugene Brotto como Peter Orlovsky Bruce Greenwood como Keenan Jones Julianne Moore como Alice Fabian Michelle Williams como Coco Rivington Kim Gordon como Carla Hendricks Alison Folland como Grace Mark Camacho como Norman Benz Antoine como Bobby Seale Craig Thomas como Huey Newton Richie Havens como Vello Arvin Kim Roberts como Mrs. Arvin Tyrone Bensin como Mr. Arvin Yolonda Ross como Angela Peter Friedman como Barker/Morris Bernstein Joe Cobden como Sonny Kristen Hager como Mona Fanny La Croix como Actriz interpretando a Alice Fabian Dennis St. John como Capitán Henry/O Almirante Kris Kristofferson como O narrador Don Francks como Hobo Joe Vito DeFilippo e Susan Glover como Sr. e Sra. Peacock Paul Spence como Homer

Galardóns e nomeamentos 2007: Oscar: Nomeada a mellor actriz secundaria (Cate Blanchett). 2007: Globo de Ouro: Mellor actriz secundaria (Cate Blanchett). 2007: Premios BAFTA: Nomeada a mellor actriz secundaria (Cate Blanchett). 2007: Festival de Venecia: Premio Especial do Xurado e Mellor actriz (Cate Blanchett). 2007: Festival de Toronto: Mellor actriz (Cate Blanchett). 2007: Asociación de Críticos d' Os Ánxeles: Finalista a Mellor actriz secundaria (Cate Blanchett).

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity

Categoría:Filmes de 2007 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes de Alemaña Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Todd Haynes Categoría:Filmes de Paramount Pictures Categoría:Filmes de The Weinstein Company Categoría:Filmes sobre profetas Categoría:Bob Dylan Categoría:Filmes ambientados en 1959 Categoría:Filmes ambientados en 1963 Categoría:Filmes ambientados en 1964 Categoría:Filmes ambientados en 1968 Categoría:Filmes ambientados en 1973 Categoría:Filmes ambientados en 1974