Reservoir Dogs é un filme estadounidense dirixido por Quentin Tarantino que se estreou en 1992. Pertence ó xénero neo-noir e suspense e conta os eventos anteriores e posteriores dun roubo de diamantes errado. Foi o primeiro filme do director e guionista Quentin Tarantino, e está protagonizado por Harvey Keitel, Tim Roth, Steve Buscemi, Chris Penn, Lawrence Tierney e Michael Madsen. Tarantino e Edward Bunker teñen papeis menores no filme. Incorpora moitos temas que se converteron en sinais de identidade do cine violento de Tarantino, como referencias da cultura popular, linguaxe vulgar e a narrativa non lineal.
O filme converteuse nun clásico de culto do cine independente. Foi chamado o "Meirande Filme Independente de Tódolos Tempos" pola revista Empire. Reservoir Dogs foi polo xeral ben recibida, e o elenco de actores foi eloxiado por moitos críticos. Malia que non tivo moita promoción na súa estrea, tivo un éxito modesto nos Estados Unidos despois de recadar $2 832 029 sobre un orzamento de $1,2 millóns. Tivo máis éxito no Reino Unido, recadando preto de £6,5 millóns, acadando aínda máis popularidade despois do seguinte filme de Tarantino, Pulp Fiction. A banda sonora, titulada Reservoir Dogs: The Original Motion Picture Soundtrack, foi lanzada coas cancións empregadas no filme, que pertencen na súa maioría á década de 1970.
Sinopse Unha banda organizada é contratada para atracar unha empresa e levar uns diamantes. Porén, antes de que soe a alarma, a policía xa está alí. Algúns membros da banda morren no enfrontamento coas forzas da orde, e os demais reúnense no lugar acordado.
Personaxes Os Reservoir Dogs Harvey Keitel como Larry Dimmick / Sr. Branco Tim Roth como Freddy Newandyke / Sr. Laranxa Michael Madsen como Vic Vega / Sr. Loiro Chris Penn como "Nice Guy" Eddie Cabot Steve Buscemi como Sr. Rosa Lawrence Tierney como Joe Cabot Edward Bunker como Sr. Azul Quentin Tarantino como Sr. Marrón
Outros personaxes Randy Brooks como Holdaway Kirk Baltz como Marvin Nash Rich Turner como Sheriff #1 David Steen como Sheriff #2 Tony Cosmo como Sheriff #3 Stevo Poliy como Sheriff #4 Michael Sottile como Teddy Robert Ruth como Policía disparado Lawrence Bender como Policía novo Linda Kaye como Muller golpeada Suzanne Celeste como Muller disparada Steven Wright (voz) como K-Billy DJ
Galardóns e nomeamentos 1992: Festival de Sitges: Mellor director e mellor guión. 1992: Festival de Toronto: Premio FIPRESCI.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Ficha en TCM Ficha en AllMovie Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 1992 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Quentin Tarantino Categoría:Filmes de Miramax Films Categoría:Filmes de Lions Gate Entertainment Categoría:Filmes rodados nos Ánxeles